Ver a versión en liña
 
 
 

INTERRUPCIÓN DE PRAZOS A CONSECUENCIA DA EMERXENCIA SANITARIA E ATENCIÓN AO PÚBLICO



Con motivo da emerxencia sanitaria declarada como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus COVID-19, a Xunta de Galicia publicou este domingo 15 de marzo o acordo polo que se adoptan medidas adicionais preventivas nos lugares de traballo do sector público autonómico.

En virtude deste acordo, suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. Esta suspensión de termos e interrupción de prazos afecta aos procedementos administrativos que a Axencia Galega de Innovación (Gain) tiña en marcha como prazos de solicitude de axudas, prazos de notificación e resolución, prazos de enmenda, etc.

Tamén quedan suspendidos os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, se é o caso, das prórrogas que se adoptaren.

Estas medidas de carácter extraordinario entraron en vigor o mesmo domingo 15 de marzo e terán a duración imprescindible para dar resposta á situación que motivou a súa adopción e poderán ser revogadas por necesidades do servizo e, en todo caso, cando cesen as recomendacións das autoridades sanitarias.

En Gain seguimos atendéndote

No entanto, en Gain seguimos atendéndote, na medida do posible e coas restriccións xeneradas pola situación, por teléfono ou a través de correo electrónico:

XERAL: 981 541 072 gain@xunta.gal
ÁREA DE CENTROS: 981 957 000 centros.gain@xunta.gal
CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO: 981 337 114 infocistd.gain@xunta.gal
ÁREA DE SERVIZOS: 981 957 008 servizos.gain@xunta.gal
ÁREA DE PROGRAMAS: 981 541 071 programas.gain@xunta.gal
ÁREA DE XESTIÓN: 981 541 098 xestion.gain@xunta.gal
 
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.