A xornada comezará coa presentación e análise das convocatorias relacionadas con Blue Growth e dispoñibles ata o 2020 en diferentes programas europeos, para continuar con sesións de brokerage que permitirán avanzar nas ideas de proxecto presentadas, así como identificar potenciais socios.
Se a túa entidade ten unha idea neste ámbito e necesitades identificar posibles socios, podes enviarnos un resumo do proxecto ao correo informa.gain@xunta.gal ata o 8 de maio e garantir así a vosa participación no evento.
No caso de que a túa organización aínda non teña idea de proxecto, pero que estea igualmente interesada en participar, podes ver aquí a axenda do evento e enviarnos solicitude de inscrición ao mesmo email antes indicado.
Non esquezas que ao día seguinte a este obradoiro celebrarase, tamén en Bruxelas, o #BlueInvest2018, que traerá máis información sobre novas oportunidades de financiamento e inversores, así como posibilidades de establecer novos contactos.
DIRECCIÓN
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
Gain@Xunta.es
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.