Ver a versión en liña

Nanoeaters Day

A Axencia Galega de Innovación- GAIN, o International Iberian Nanotechnology Laboratory-INL, e GRADIANT, teñen o pracer de convidarte ao NANOeaters Day que se celebrará, o vindeiro xoves 22 de marzo no centro tecnolóxico GRADIANT en Vigo.

Este NANOeaters Day é un evento no que se analizará o caso de uso do Proxecto “Sensores de Ultra Baixo Consumo. Nanotecnoloxías aplicadas a dispositivos de sensado de ultra baixo consumo con capacidade de comunicacións”, por parte de tecnológos de GRADIANT e a Universidade de Vigo e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga –INL.

O obxectivo da xornada é implicar ao tecido empresarial galego e portugués no desenvolvemento de novos produtos e/ou servizos aptos para a explotación comercial, baseados nas capacidades en desenvolvidas polos centros de investigación que permitan o desenvolvemento de nanotecnoloxías.

As empresas interesadas nesta solución en nanotecnoloxía, poderán concertar reunións bilaterais co persoal técnico do proxecto.

Programa e inscrición

Tes dispoñibles o programa e o formulario de inscrición na seguinte ligazón.

Proxecto Nanoeaters

O proxecto NANOeaters (Nanotechnology Early Adopters) é un proxecto co-financiado polo programa europeo POCTEP e promove a colaboración entre Centros de Investigación e PEMES innovadoras (early adopters), apoiando ás empresas no proceso de transferencia de nanotecnoloxía. O obxectivo é a aplicación comercial destes coñecementos en novos produtos e servizos que proporcionen solucións efectivas ás debilidades identificadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e Norte de Portugal.

A Axencia Galega de Innovación lidera este proxecto de Transferencia e valorización de nanotecnoloxías a pemes innovadoras da Eurorrexión, en colaboración co Laboratorio Internacional de Nanotecnología de Braga (INL), a UVIGO; a USC; Gradiant; CTAG; AIMEN e a Fundación Biomédica Galicia Sur.

Agardamos que esta información sexa do teu interese!

DIRECCIÓN

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.