Encontro Ignicia: a transferencia de coñecemento ao mercado
1 de abril ás 11 horas
Salón de Convencións do Edificio Cinc da Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro día 1 de abril o Encontro Ignicia: a transferencia de coñecemento ao mercado, no que se darán a coñecer todos os proxectos apoiados neste programa.
Público destinatario
Os destinatarios do Encontro son:
persoal investigador cunha visión de transferencia da I+D ao mercado,
empresas e centros de coñecemento interesados en coñecer os proxectos apoiados a través deste programa.
Asistirán ao evento os representantes dos proxectos que participan no programa, polo que o público asistente poderá intercambiar coñecemento con base en experiencias reais.
PROGRAMA IGNICIA
O programa Ignicia é unha iniciativa pioneira da Xunta de Galicia no apoio á transferencia de coñecemento dos organismos de investigación. Ademais de financiar a chegada ao mercado de proxectos con potencial de comercialización, impulsa a creación de empresas de base tecnolóxica e axuda a reter talento en Galicia.
Se queres inscribirte no encontro, podes atopar o programa do evento e o formulario de inscrición na sección eventos da web da Axencia Galega de Innovación.