Ver a versión en liña

GAIN contará cun stand na Maker Faire Galicia 2017

Esta fin de semana a Axencia Galega de Innovación estará presente na Maker Faire Galicia 2017, a terceira edición da feira máis importante de inventores da península, que se celebra na Cidade da Cultura dende o venres 24 ao domingo 26.

Web da Maker Faire Galicia
Aplicacións de realidade virtual

No espazo expositivo de Gain presentaranse aplicacións desenvoltas polo CIS-Galicia para distintos proxectos nos que se empregaron dispositivos de realidade virtual en campos como o turismo, o deseño industrial, a seguridade vial ou a formación de operarios

Algunhas aplicacións que se poderán probar son: Botafumeiro, realizada para Fitur 2015 que permite simular o labor dos tiraboleiros; unha aplicación de seguridade vial, desenvolta para o proxecto Help Flash da aceleradora Via Galicia que amosa os perigos de colocrar os triángulos de perigo cando se para o coche no arcén; unha aplicación do Sergas que permite comprobar, a través dun xogo, como evolucionaron os quirófanos dende comezos do s.XX ata a actualidade; unha aplicación de estudo de illuminación; unha aplicación que amosa tres buques construídos en asteleiros galegos.

Maker Faire Galicia

A Maker Faire Galicia defínese como un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbano, música, electrónica, artesanía, etc. Detrás dela atópase a empresa Vermis Project, un estudo dedicado á innovación educativa, social e empresarial, Matilde Rodríguez do proxecto O Gato Cósmico e Chus Prol de Doutroxeito Coworking e conta co apoio do Concello de Santiago  e a Xunta de Galicia.

Próximos eventos

28
Novembro
Xornada de presentación do proxecto MANUFACTUR 4.0

CIS - Galicia, Ferrol

29
Novembro
Infoday H2020: Retos Sociais 2 e 3

Sede FEUGA, Santiago de Compostela

Novas

Ver Todas

16 de Novembro de 2017

Conde constata en México a expansión internacional da automoción galega grazas ao seu esforzo constante por innovar

Asegura na visita, na que o sector da automoción de Galicia estivo representado polo CTAG, que a planta de Viza é un exemplo claro de canto está crecendo a industria galega de compoñentes, e que reflicte como a innovación lle está abrindo portas ao sector nos mercados estranxeiros

Ler máis

15 de Novembro de 2017

A Xunta reforza os instrumentos de apoio a proxectos innovadores para consolidar o crecemento e a creación de emprego

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou a variedade de instrumentos financeiros existentes para atender as diferentes fases de creación, crecemento, consolidación ou internacionalización das empresas

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.