Ver a versión en liña

Bolsa de formación no ámbito da I+D+I en Bruxelas

A Fundación Galicia Europa e a Axencia Galega de Innovación convocan unha bolsa de formación para persoas tituladas superiores universitarias no ámbito do financiamento comunitario de proxectos de I+D+i. A bolsa terá un ano de duración e desenvolverase integramente en Bruxelas. O prazo de presentación de solicitudes pecha o 22 de decembro.

Bases da bolsa
Requisitos

Entre os requerimentos esixidos na convocatoria destacan ter unha vinculación con Galicia, ter obtido un título universitario superior con posterioridade a 2010, non ser beneficiario de ningunha convocatoria anterior de bolsas da Fundación Galicia Europa ou demostrar o dominio das linguas galega, española e inglesa, entre outros.

Plan de formación

O plan de formación consistirá no seguimento das políticas comunitarias relacionadas coa innovación e a investigación e incluirá a asistencia ás reunións das redes de cooperación rexional nas que participa a Xunta para promover a participación galega en proxectos europeos de I+D+i, nomeadamente ERRIn e a Vanguard Initiative.

Solicitude e prazo

Aquelas persoas interesadas poderán presentar as súas candidaturas coa documentación esixida ata o día 22 de decembro, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Novas

Ver Todas

29 de Novembro de 2017

A Xunta destaca que Galicia acadou un retorno de 53,8 millóns de euros a través do programa europeo H2020

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou en Santiago na inauguración da xornada Infoday H2020 sobre agroalimentación e enerxía.

Ler máis

29 de Novembro de 2017

A Xunta mellora os servizos do Cesga ao multiplicar por cinco a capacidade dos seus servidores de datos

O Goberno galego participa no financiamento do novo equipo de última xeración que permitirá ao Centro de Supercomputación de Galicia contar cun novo equipo de 1,54 millóns de xigabites.

Ler máis

26 de Novembro de 2017

A Xunta presenta o polo tecnolóxico e industrial de Rozas ante o principal organismo latinoamericano no ámbito da aviación civil

A Axencia Galega de Innovación, xunto aos socios Indra e Babcock, presentan a Civil UAVs Initiative no marco da asemblea da Comisión Latinoamericana de Aviación Civil como caso de éxito de desenvolvemento do sector dos vehículos non tripulados (UAV) para uso civil.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.