Remata a segunda edición de AgroBiotech Innovación
Acaba de rematar a segunda edición da aceleradora AgroBiotech Innovación, especialmente dirixida ao impulso e o crecemento sostible das pemes innovadoras galegas nos ámbitos da biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa. Desta iniciativa, promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación e a Tecnópole, beneficiáronse 21 empresas, entre as dúas edicións, que accederon a formación e acompañamento específico (liderado de produto, a excelencia operativa ou a comercialización e internacionalización), adaptado ás necesidades concretas de cada compañía e co obxectivo de facerse máis fortes e competitivas nos mercados.
Web AgroBiotech Innovación
|