Ver a versión en liña

Plan Galicia Innova 2020

O Consello da Xunta vén de avaliar hoxe o Plan Galicia Innova 2020 que mobilizará 1775M€ ata 2020 co obxectivo de impulsar a actividade económica e industrial, xerar emprego e benestar social a través da innovación. O Plan será obxecto de debate con todos os axentes do ecosistema innovador e grupos parlamentarios, previo á súa aprobación definitiva.

Obxectivos do Plan Galicia Innova 2020

O Consello da Xunta vén de avaliar hoxe o Plan Galicia Innova 2020 que, cun investimento público de 980 M€,que mobilizará  1775M€ ata 2020, para facer de Galicia un territorio de referencia para innovar no que as ideas se transformen nunha actividade produtiva que repercuta na proxección profesional dos galegos e galegas.

Este plan, que se desenvolverá seguindo as directrices marcadas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), permitirá ao Goberno autonómico contar durante os vindeiros anos cos instrumentos e iniciativas necesarias para desenvolver as súas políticas en materia de I+D+i e seguir dando apoio aos investigadores e  fomentando a transferencia de coñecemento ao tecido empresarial.

Así mesmo, permitirá seguir avanzando no cambio de modelo produtivo co obxectivo de situar a I+D+i como factor clave para fomentar a investigación e a actividade industrial na Comunidade e, así, garantir a competitividade e sustentabilidade da economía e a consolidación dun modelo sustentable apostando pola inclusión social. 

O plan será obxecto de debate con todos os axentes do ecosistema innovador e grupos parlamentarios co obxectivo de melloralo con novas propostas.

Retos e áreas de acción

Este novo plan de innovación fixa 3 retos:

  1. Posta en valor da investigación científico-tecnolóxica.
  2. A mellora na transferencia do coñecemento xerado ás empresas e á sociedade.
  3. O retorno do investimento realizado para que se traduza en maior actividade e crecemento económico.

Para a consecución destes retos e, tendo como referencia á RIS3, Galicia Innova 2020 conta con tres áreas de acción: coñecemento, talento e empresa.

Esta nova folla de ruta busca impulsar un modelo aberto, con vocación internacional e que fomente a colaboración público-privada a través da posta en marcha dos hubs de innovación dixital. Esta nova medida permite agrupar os axentes do ecosistema de I+D+i, é dicir, centros de investigación, pemes, grandes empresas, startups, universidades, clústers e a Administración, para prestar servizos que creen valor empresarial, transfiran coñecemento e faciliten o acceso ao financiamento

Principais obxectivos
  • Mobilizar 1175 M€ ata 2020.
  • Incrementar en máis dun 10% o persoal empregado na I+D, ata os 10.400.
  • Dispoñer dun 15% máis de empresas con actividades innovadoras, ata superar as 1.000.
  • Aumentar o gasto empresarial en innovación nun 20% ata alcanzar os 600 M€ anuais.

Novas

Ver Todas

18 de Xaneiro de 2018

Consulta a información sobre as axudas para o fortalecemento de centros de xeración de coñecmento

Está dispoñible na web da Axencia Galega de Innovación a información relativa ás axudas para o fortalecemento de centros de xeración de coñcemento. A data prevista para a súa publicación do Diario Oficial de Galicia é o próximo 2 de febreiro.

Ler máis

15 de Xaneiro de 2018

A Xunta apoia a diversificación e internacionalización da compañía galega Freshcut a través do programa Innova Peme

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe a empresa viguesa dedicada á produción e comercialización de produtos elaborados a partir de froitas, verduras, hortalizas e legumes baixo a marca Galifresh

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.