Ver a versión en liña

Conecta Peme 2018

O programa Conecta Peme, destinado a financiar proxectos empresariais de I+D+i en cooperación entre empresas, publicarase previsiblemente durante a próxima semana no Diario Oficial de Galicia (DOG). Porén, xa están dispoñibles na nosa páxina web as bases da convocatoria así como o calendario cos talleres de presentación que se celebrarán nas catro provincias galegas.

Máis información
Conecta Peme en cifras

Cun orzamento total de 27 millóns de euros, un 8% máis que a convocatoria anterior, prevese mobilizar 50 millóns de euros en 70 proxectos nos que se estima que participarán unhas 250 pemes. Os proxectos deben ter un orzamento mínimo de 500.000 e un máximo de 1,5 millóns de euros e ser desenvoltos por entre 3 e 6 empresas. A intensidade das axudas, que depende do tamaño de empresa e do tipo de proxecto, oscilará entre o 15 e o 80%.

Principais novidades

Entre as principais novidades desta convocatoria están que se valorará que os proxectos creen máis traballo e manteñan o seu persoal en Galicia, que estén máis próximos ao mercado e báixase a intensidade da axuda ás empresas ás que se lles concedan 3 proxectos ou máis.

Eventos

Ver todos
07
Febreiro
Programa de investimentos de empresas estranxeiras en actividades de I+D

07
Febreiro
Taller de presentación do Conecta Peme en Santiago

08
Febreiro
Taller de presentación do Conecta Peme en Lugo

12
Febreiro
Taller de presentación do Conecta Peme en Vigo

14
Febreiro
Taller de presentación do Conecta Peme en A Coruña

16
Febreiro
Taller de presentación do Conecta Peme en Ourense

Novas

Ver Todas

30 de Xaneiro de 2018

Feijóo destaca a innovación na automoción, as TIC, a biotecnoloxía ou o aeronáutico como base común para impulsar relacións entre Galicia e Israel

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a innovación de sectores como o da automoción, o TIC, o biotecnolóxico ou o aeronáutico como base común para impulsar as relacións comerciais entre Galicia e Israel.

Ler máis

29 de Xaneiro de 2018

A Xunta convida ao sector da innovación a construír coa administración o futuro de Galicia a través dun plan compartido e consensuado

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou xunto co conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, nun foro en Santiago de Compostela sobre o Plan Galicia Innova 2020 con axentes do sector

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.