Ver a versión en liña

O Ministerio de Fomento licita as solucións antinéboa na A-8

O Ministerio de Fomento vén de publicar o pasado 9 de marzo a licitación para o deseño, implantación e experimentación de sistemas innovadores de protección antinéboa para a A-8 ao seu paso por Mondoñedo. O importe total da licitación ascende a 7,26 millóns de euros, a executar en oito meses, e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 27 de abril de 2018.

Plataforma de contratos do Estado
Compra Pública Precomercial

A fórmula de contratación que se emprega é a da Compra Pública Innovadora, na súa modalidade de Compra Pública Precomercial, xa que o que se está a licitar é o deseño e proba dunha solución que aínda non existe no mercado. De feito, esta contratación veu precedida dunha consulta preliminar ao mercado, á que se presentaron 26 propostas que axudaron a definir os pregos técnicos da licitación.

A contratación divídese en dous lotes: o máis importante, dotado con 5,44 millóns de euros, para os sistemas de aillamento, eliminación ou desprazamento da néboa e, o segundo, dotado con 1,81 millóns de euros, para a adquisición de sistemas de axuda á condución en condicións de néboa.

Galicia, referente en Compra Pública Innovadora
A nosa Comunidade é referente no emprego desta ferramenta de contratación innovadora que permite fomentar a innovación dende a Administración, de feito a Xunta de Galicia recibiu en dúas ocasións o Premio Nacional de Innovación na modalidade de Compra Pública Innovadora polos proxectos InnovaSaúde-Hospital 2050 e polo Polo Tecnolóxico e Industrial de Rozas.

Novas

Ver Todas

21 de Marzo de 2018

A Xunta explica en Vigo o mapa de apoios á innovación a empresas de enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo esta mañá un encontro con socios da Asociación Galega de Empresas de Enxeñaría, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (Ageinco).

Ler máis

20 de Marzo de 2018

Conde asegura que as oportunidades que ofrece a Industria 4.0 son maiores canto máis unidos traballen o sector e a Administración

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Santiago de Compostela á presentación do estudo ‘Oportunidades Industria 4.0 en Galicia’ impulsado pola Xunta coa colaboración de Atiga.

Ler máis

18 de Marzo de 2018

Galicia lidera un proxecto de transferencia de nanotecnoloxía ás pemes innovadoras galegas e do norte de Portugal

Nunha xuntanza celebrada esta semana deuse a coñecer o estado de desenvolvemento dos casos de uso da nanotecnoloxía que cada socio está a levar cabo para logo probar en empresas galegas e portuguesas.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.