Ver a versión en liña

Nova edición do programa Ignicia

O Consello da Xunta de Galicia vén de avaliar a próxima convocatoria do programa Ignicia, unha iniciativa da Axencia Galega de Innovación que busca promover e apoiar a valorización e transferencia ao mercado con garantías de éxito dos resultados da investigación aplicada dos centros de coñecemento públicos ou privados en Galicia.

Referencia do Consello da Xunta
Nova convocatoria

Nesta nova convocatoria do Ignicia, que está previsto publicar a finais deste mes, a Xunta investirá 3 millóns de euros ata 2020, nun programa integral de apoio que inclúe informes, asesoramento, investimento e seguimento.

Este programa segue a metodoloxía dos fondos de proba de concepto, que permiten verificar se unha idea é susceptible de ter éxito e, deste xeito, diminuír os riscos asociados á incerteza sobre o funcionamento dun novo produto ou servizo innovador. No desenvolvemento do programa, a Axencia Galega de Innovación conta coa colaboración da Fundación Barrié que achega a experiencia do seu Fondo Ciencia.

Ignicia contribúe así a reforzar a transferencia do coñecemento ao mercado, un obxectivo marcado na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 así como no futuro Plan Galicia Innova 2020..

Balance da primeira convocatoria
A primeira convocatoria, que se lanzou en 2016, permitiu apoiar un total de 9 proxectos de investigación cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC, a aeronáutica, a biotecnoloxía e os novos materiais. Estes proxectos permitiron crear ou manter 61 postos de traballo de profesionais de alta cualificación e posibilitarán a posta en marcha de ata 5 spin-offs para a comercialización destas tecnoloxías.

Novas

Ver Todas

19 de Abril de 2018

Novo caso de éxito no noso blog Con G de Ganadores

Bolsos que contan quen es ti.
Ler máis

19 de Abril de 2018

Conde anuncia que Galicia contará con dúas novas aceleradoras de alta tecnoloxía especializadas nos sectores da automoción e biotecnolóxico

Trátase da aceleradora BioIncubaTech, liderada pola USC, coa colaboración da Xunta, a Cámara de Comercio e Uninova para proxectos vinculados ao eido biotecnolóxico, alimentario e da saúde; e da aceleradora na que se vai colaborar coa Zona Franca para complementar a infraestrutura da Business Factory Auto.
Ler máis

16 de Abril de 2018

A Xunta promove o uso estratéxico dos fondos públicos a través dunha formación específica en contratación pública innovadora

Oitenta empregados públicos iniciaron hoxe un curso superior de contratación pública estratéxica, unha formación clave para conseguir un crecemento máis sustentable, integrador e intelixente e un uso máis eficiente dos fondos públicos.
Ler máis

15 de Abril de 2018

Un contedor de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía son presentados en Malta como mostra de deseño en Galicia

Os contedores BIG-BIN e a sede da empresa Norvento, casos de éxito do deseño en Galicia, foron presentados esta semana en Malta, Capital Europea da Cultura 2018, no marco do proxecto Interreg Europe Design4innovation
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.