Ver a versión en liña

Terceira edición do programa Principia

O Consello da Xunta de Galicia informou hoxe sobre a próxima convocatoria do programa Principia que permitirá a contratación de 110 mozos e mozas en empresas e centros de coñecemento galegos cun dobre obxectivo: favorecer a súa carreira profesional e estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Referencia do Consello da Xunta
Nova convocatoria

Os contratos, cunha duración mínima dun ano, están dirixidos a persoal técnico de ata 35 anos, titulados universitarios ou de FPII superior, cunha experiencia laboral inferior a 36 meses na súa categoría profesional. O programa condece unha axuda de 10.000 euros por contrato.

A dotación desta edición do Principia ascenderá a 1,1 millóns de euros e agarda mobilizar 2,8. As principais novidades da convocatoria son a limitación de contratos por entidade a un máximo de 5, que poderá chegar a 10 no caso de que queden remanentes, e que se introduce unha puntuación para as entidades que contrataran traballadores noutras edicións e cumpriran o seu compromiso.

Balance das dúas edicións anteriores

Consolídase así un programa pioneiro que, desde a súa posta en marcha en 2016, apoiou a contratación de máis de 300 profesionais, cunha media de idade de 27 anos. Preto da metade desta cantidade foron contratados dun xeito indefinido e un 42% foron mulleres.

No desenvolvemento deste programa, que contribúe á captación e retención de talento en Galicia, o persoal contratado realiza tarefas de I+D+i aliñadas cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

Novas

Ver Todas

26 de Abril de 2018

O Goberno galego promove unha maior participación das mulleres no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora da Axencia Galega de Innovación e presidenta do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Patricia Argerey participaron esta mañá no acto de celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC, unha data que ten como obxectivo alentar as vocacións tecnolóxicas nas rapazas, así como rebaixar a brecha dixital de xénero.
Ler máis

24 de Abril de 2018

Conde destaca que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo para resolver os retos da dixitalización da economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante o acto de clausura da segunda edición e apertura da nova convocatoria de Vodafone Connecting for Good Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo galego para resolver os novos retos económicos que están marcados pola dixitalización.
Ler máis

23 de Abril de 2018

A RAGC convoca o III Premio Galicia de Xornalismo Científico

Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 15 de xuño o prazo de presentación de candidaturas ao Premio Galicia de Xornalismo Científico 2018.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.