Ver a versión en liña

Balance da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía

O pasado martes presentouse en Santiago de Compostela o balance intermedio da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía, posta en marcha pola Xunta de Galicia en 2016 en colaboración co sector, dado o alto potencial desta industria para a nosa Comunidade. De seguido detallamos algúns dos datos máis relevantes.

Principais indicadores

Dende a súa posta en marcha en 2016, xa se executou o 54% do orzamento, un total de 107 millóns de euros, e apoiáronse 300 proxectos. Tamén se crearon máis dunha decena de novas empresas bio, incrementouse a facturación anual un 10% e o número de postos de traballo creados nun 9,5%. Ademais, a Estratexia impulsou a internacionalización do sector, xa que unha de cada catro empresas se abriu ao exterior neste periodo.

Proxectos de futuro

Galicia contará en breve cunha nova aceleradora especializada no sector biotecnolóxico, Bioincubatech, cofinanciada pola Fundación Incyde con fondos FEDER. Ademais, co obxectivo de incidir nunha maior cohesión do ecosistema biotecnolóxico estase a promover dende a Xunta de Galicia a creación de Hubs de Innovación Dixital.

Novas

Ver Todas

21 de Xuño de 2018

A pequena luz que cambiou para sempre a seguridade viaria

Os típicos nervios despois dun accidente ou unha avaría na estrada non axudan a ser rápidos na imprescindible sinalización co triángulo de emerxencias. Colocalo leva tempo e obriga a saír do coche. A startup galega Netun Solutions puxo no mercado un dispositivo lumínico que avisa da posición do vehículo en segundos e reduce o risco de atropelos para os condutores.

Ler máis

19 de Xuño de 2018

Conde sinala o alto potencial da biotecnoloxía en Galicia, un sector no que a Xunta apoiou 300 proxectos desde 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou esta mañá en Santiago de Compostela, na presentación do balance da Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía, o alto potencial bio de Galicia, un sector no que a Xunta leva apoiado 300 proxectos desde 2016.
Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Xuño

I Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a subscrición.