Ver a versión en liña

Xornada Estratexias de apoio á Industria 4.0

O vindeiro luns, 16 de xullo, organizamos en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) unha xornada para difundir as novas estratexias de apoio á implantación da Industria 4.0 en Galicia por parte da administración autonómica. O evento terá lugar na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela entre as 9:00 e as 11.00 horas.

Hubs de Innovación Dixital

A Xunta de Galicia vén traballando dende hai meses nunha estratexia de impulso aos Hubs de Innovación Dixital, un novo marco de colaboración previsto no Plan Galicia Innova 2020 que persegue cohesionar o sistema galego de innovación articulando modelos de colaboración abertos que permitan coñecer e aproveitar as capacidades existentes; así como avanzar na especialización intelixente de Galicia, concentrando os recursos e infraestruturas ao redor das cadeas de valor estratéxicas para a nosa rexión.

Co obxectivo de presentar esta nova ferramenta, así como coñecer outras experiencias rexionais neste ámbito celebramos esta xornada que será clausurada polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Os asistentes tamén terán a oportunidade de coñecer as convocatorias previstas por ambas entidades, Gain e IGAPE, para o segundo semestre de 2018.

Podes consultar o programa da xornada na web do IGAPE e inscribirte enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: mat@igape.es

Novas

Ver Todas

11 de Xullo de 2018

Conde destaca que a biotecnoloxía galega se sitúa como unha referencia grazas a proxectos como a primeira incubadora de fármacos de España

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela que a biotecnoloxía galega se sitúa como unha referencia, e segue escalando posicións, grazas a proxectos como a primeira incubadora de fármacos de España que a Xunta desenvolve xunto coa Fundación Kaertor e Janssen e da que hoxe se presentaron os tres proxectos seleccionados.

Ler máis

10 de Xullo de 2018

A Xunta impulsa Ferrol como epicentro do novo programa de deseño para a innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, presentou en Ferrol o novo programa da Xunta para impulsar o deseño como factor estratéxico no proceso de innovación no marco do encontro Xornada de Innovación: unha aposta pola industria intelixente en Ferrolterra, organizada polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña.

Ler máis

09 de Xullo de 2018

A Xunta publica a convocatoria para a creación de 7 novas unidades mixtas de investigación que mobilizarán 17M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a nova convocatoria do programa de Unidades Mixtas de Investigación (UMIs) que posibilitará impulsar 7 iniciativas que mobilizarán 17 millóns de euros e favorecerán a creación de 60 postos de traballo cualificados, contribuíndo a que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na industria.

Ler máis

Eventos

Ver Todos
16
Xullo

Estratexias de Apoio á Industria 4.0

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.