Ver a versión en liña

Reunións bilaterais no marco da
V Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

A Axencia Galega de Innovación e a Tecnópole, como membros do consorcio Galactea-Plus da Enterprise Europe Network, organizan unha sesión de reunións bilaterais no marco da V Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico , que se celebrará en Vigo os días 23 e 24 de outubro de 2018.

Máis información
Sesión de reunións bilaterais

O obxectivo desta sesión é reunir a entidades e pemes da Área Atlántica co obxectivo de axudar aos xestores de empresas marítimas, provedores de servizos, institucións académicas e de investigación e outros axentes interesados a conectarse, innovar e crecer internacionalmente. Os participantes terán a posibilidade de compartir as súas ofertas ou solicitudes de asociación e programar reunións con anticipación para levar adiante os seus proxectos.

Os participantes tamén terán a oportunidade única de reunirse con representantes da Comisión Europea, o Banco Europeo de Investimentos, a Rede de Business Angels, ministerios e outras institucións para discutir a posibilidade de presentar ideas de proxectos específicos nas próximas convocatorias e coñecer de primeira man as oportunidades de financiamento. Pódeste inscribir nas reunións bilaterais ata o 15 de outubro e o 22 de outubro darase a coñecer a axenda final do evento.

A conferencia

A V Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico destacará os logros do Plan de Acción Atlántico en termos de proxectos implementados e iniciativas levadas a cabo polos stakeholders e institucións, así como as oportunidades de financiamento existentes a nivel nacional, rexional e europeo. Farase especial fincapé no papel das pemes da Área Atlántica no seu papel de empregadores e innovadores cruciais no ámbito marítimo. Podes consultar máis información e o programa da conferencia na web da Estratexia Atlántica.

Novas

Ver Todas

17 de Setembro de 2018

A Xunta forma a persoal investigador de excelencia para concorrer ás axudas do programa European Research Council

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou esta mañá o nivel de excelencia dos investigadores galegos, no marco do acto de presentación da iniciativa Oportunius: Taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC).
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.