Ver a versión en liña

Machine Learning Workshop Galicia

As tecnoloxías asociadas á Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning convertéronse nos últimos anos nun referente en case todos os campos de coñecemento. Co obxectivo de amosar a súa aplicabilidade á industria, o centro de investigación en tecnoloxías das telecomunicacións AtlanTTic, en colaboración co CESGA, o CITIUS (USC) e o CITIC (UDC) organizan o III Machine Learning Workshop Galicia, que terá lugar o xoves 18 de outubro en Vigo. As empresas están chamadas a participar neste evento para compartir as súas necesidades e establecer sinerxias. O prazo de inscrición remata o 12 de outubro.

Máis información
Potencial das tecnoloxías Machine Learning

As tecnoloxías Machine Learning presentan unha ampla gama de aplicacións, como por exemplo en sistemas de busca, análises de texto, análises de redes sociais, recoñecemento de obxectos e caras, recoñecemento da fala, analítica de datos médicos, mellora e optimización dos sistemas de produción da industria, analítica para a intelixencia do negocio, entre outras.

Nesta edición amosaranse especialmente traballos que amosen a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais, así como aqueles que conten cun potencial importante de aplicabilidade no tecido socioeconómico e industrial. A conferenciante convidada é Ana Peleteiro Ramallo, Data Science Director en Tendam (previamente grupo Cortefiel) coa súa charla “Vivindo a era da Intelixencia Artificial: contos de machine learning e datos”.

Novas

Ver Todas

27 de Setembro de 2018

Ganadores: Contedores de deseño para humanizar o lixo

Os contedores son o primero paso na cadea do tratamento dos residuos urbanos. Un servizo moi custoso para os concellos, pero tamén a panca para impulsar a reciclaxe. Tras dúas crises que a obrigaron a reinventarse e cinco anos de investimento en deseño, a empresa ourensá Formato Verde vende os seus innovadores sistemas de almacenamento de lixo a media España, cun incremento anual da facturación do 50%.

Ler máis

26 de Setembro de 2018

A Xunta destaca no Porriño o avance de Galicia cara a fábrica do futuro da man de solucións tecnolóxicas como as presentadas hoxe por GKN Driveline Vigo e o centro tecnolóxico Aimen

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración da xornada Digital Technologies for Smart Factories, organizada polo centro tecnolóxico Aimen e a empresa GKN Driveline Vigo.
Ler máis

25 de Setembro de 2018

Conde presenta en Biospain o potencial internacional da biotecnoloxía galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, resaltou hoxe o potencial internacional da biotecnoloxía galega ante potenciais investidores e business angels, no marco da presentación do Ecosistema galego de Biotecnoloxía na feira BioSpain, que se celebra en Sevilla e que está considerada a quinta máis relevante do sector a nivel mundial.
Ler máis

24 de Setembro de 2018

A Xunta e Inta reforzan a súa colaboración para impulsar a industria aeronáutica en Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitaron hoxe en Madrid a sede do Instituto de Técnica Aeroespacial (INTA), onde mantiveron un encontro co director xeral deste organismo, o tenente xeneral José María Salom Piqueres, co obxectivo de estudar novos ámbitos de traballo conxunto, así como coñecer as instalacións do centro e as súas capacidades a nivel aeronáutico.
Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Outubro

Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.