Ver a versión en liña

Biospain 2018

A semana pasada o sector biotecnolóxico galego acudiu conxuntamente á novena edición da Feira Biospain, que se celebraba en Sevilla, co obxectivo de dar a coñecer o potencial do sector en Galicia. Ademais dun stand na feira, a delegación galega participou nun encontro de networking e unha presentación ante investidores nacionais e internacionais.

Participación na feira

Galicia é a cuarta comunidade máis bioemprendedora e acolle preto do 9% das empresas españolas dedicadas a actividades biotecnolóxicas. Este potencial é o que moveu a dezaseis empresas do sector, xunto aos clústeres Bioga e Clúster da Saúde, as tres universidades galegas e a Xunta de Galicia a asistir conxunta á feira Biospain, que se celebrou os pasados 25-27 de setembro en Sevilla.

A participación da delegación galega na feira incluiu un encontro de networking coa industria biotecnolóxica galega, unha presentación ante investidores nacionais e internacionais na que se deu a coñecer este vídeo sobre o interese de investir en Galicia neste ámbito estratéxico e a colocación dun stand conxunto no espazo expositivo.

Premios BIOGA
Por outra banda, BIOGA vén de abrir a VI convocatoria dos seus premios, organizados co apoio de Gain, co obxectivo de incentivar a posta en marcha de iniciativas empresariais da mocidade galega e recoñecer as empresas competitivas galegas destes sectores (biotecnoloxía e ciencias da vida). Conta con dúas modalidades: premio á empresa biotech máis competitiva e premio á mellor idea empresarial biotech. O prazo de presentación de candidaturas pecha o vindeiro 26 de outubro. Podes consultar as bases completas do certame na web de Bioga.

Novas

Ver Todas

01 de Outubro de 2018

A Xunta destina preto de 2,6M€ á consolidación de grupos de investigación e á contratación de investigadores postdoutorais en centros de coñecemento non universitarios

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, mantivo esta mañá un encontro de traballo co delegado do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, e responsables dos centros do CSIC en Galicia: a Misión Biolóxica de Galicia, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, o Instituto de Investigacións Mariñas, o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio.

Ler máis

01 de Outubro de 2018

A Xunta destaca que a Business Factory Auto marca un modelo a seguir para sectores como o aeronáutico ou o biotecnolóxico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Business Factory Auto (BFA), na que colaboran PSA, CEAGA, o Consorcio Zona Franca e a Xunta, está a marcar o modelo a seguir por parte doutros sectores como o aeronáutico ou o biotecnolóxico, nos que a Administración autonómica tamén está a apoiar a posta en marcha de dúas aceleradoras de proxectos para atraer innovación cara á industria.

Ler máis

01 de Outubro de 2018

O Pleno da Muller e Ciencia acorda conceder o Premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2018 á microbióloga pontevedresa, Alicia Estévez Toranzo.

Ler máis

Eventos

Ver todos
17
Outubro

I Encontro de Excelencia Tecnolóxica Internacional

Máis información
23
Outubro

Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.