Ver a versión en liña

Abrimos a inscrición ao workshop sobre estratexias para a protección intelectual e industrial do deseño

A protección da propiedade intelectual e industrial é un dos aspectos críticos no sector do deseño, especialmente vulnerable a copias e plaxios. É por isto que a Axencia Galega de Innovación (GAIN) elixiu este tema como obxecto do primeiro workshop do Programa de Deseño para a Innovación 2020, que se celebra o 25 de outubro no CIS Galicia (Ferrol).

Destinatarios

Os destinatarios do workshop “Estratexias para a protección do deseño” son deseñadores/as de todos os ámbitos, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e outras entidades interesadas en coñecer as diferentes fórmulas de protección do valor dos intanxibles e dos procesos e as tecnoloxías asociadas a eles fronte a copias ou reclamacións por parte de terceiros.

Enfoque práctico

Na sesión da mañá, os asistentes terán ocasión de aproximarse ás principais problemáticas sobre a protección das creacións da man da Asociación Galega de Deseño (DAG). Poderán tamén coñecer dous casos reais no manexo destas cuestións por parte de empresas galegas de diferentes sectores: a de cerámica Sargadelos e a de iluminación SETGA.

Isto completarase coa visión dun deseñador industrial experto en propiedade industrial sobre a lexitimidade das copias e cun percorrido polos principais aspectos legais do deseño gráfico a cargo dun despacho de avogados especializado en dereito no ámbito das novas tecnoloxías.

O taller da tarde basearase en recomendacións, consellos e procedementos que as empresas e profesionais do deseño deben seguir para protexer as súas creacións, baixo un enfoque práctico que lles permitirá manexar casos reais.

Podes consultar o programa da xornada e rexistrarte na sección Eventos da web de Gain.

Novas

Ver Todas

11 de Outubro de 2018

Os 'superdróns' van ao ximnasio

Con cada vez máis usos civís posibles e unha demanda que non deixa de crecer, o ITG e a empresa SDLE aliáronse na primeira unidade mixta de investigación de Galicia especializada en avións non tripulados para dotar estes aparellos de maior autonomía de voo e dunha innovadora rede de subministración de enerxía para recargar as baterías.
Ler máis

09 de Outubro de 2018

Conde defende unha Galicia que avance a través do coñecemento e do talento para seguir impulsando a economía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, defendeu hoxe no Día da Ciencia en Galicia a necesidade de seguir avanzando a través do coñecemento e do talento para conseguir unha Comunidade cada vez máis próspera.

Ler máis

05 de Outubro de 2018

Os hubs de innovación dixital da Xunta serán un instrumento estratéxico capaz de impulsar os principais sectores económicos de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou esta mañá en Santiago de Compostela, durante a clausura dunha xornada sobre os hubs de innovación dixital organizadas pola Xunta, que serán un instrumento estratéxico capaz de impulsar os principais sectores económicos de Galicia.

Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Outubro

Taller técnico de presentación do Programa Talento Sénior (A Coruña)

Máis información
19
Outubro

Taller técnico de presentación do Programa Talento Sénior (Vigo)

Máis información
23
Outubro

Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.