Ver a versión en liña

Convocatoria para acelerar a economía circular de pemes

Se eres unha peme innovadora que desexas adoptar modelos de negocio de economía circular, queremos informarte do proxecto C-VoUCHER a través do que poderás obter ata 60.000 euros para acelerar a túa pequena empresa.

O proxecto C-VoUCHER

C-VoUCHER é a primeira iniciativa pan-europea, financiada a través do programa europeo Horizonte 2020, que pretende reorganizar e redeseñar cadeas de valor liñais en circulares no ámbito de cinco industrias tradicionais: agroalimentaria, saúde, crecemento azul, fabricación e textil. Para elo, o proxecto distribuirá 4,2 millóns de euros para pemes a través de 4 convocatorias.

Primeira convocatoria

A primeira destas convocatorias busca compañías que queiran crear modelos de negocio sostibles usando metodoloxías de design thinking e implementando novas tecnoloxías. O programa ofrece:

  • Ata 60.000€ de financiamento por peme.
  • Un programa de aceleración de 9 meses (Programa de circularidade para pemes clásicas).
  • Apoio personalizado Tailored Designer-in-Residence support.
  • Titorización de negocios e oportunidades de financiamento adicionais (públicas e privadas).
  • Implementación de tecnoloxía.

Se queres cambiar o modo de facer negocio para crear un impacto positivo no medioambiente, preséntate a esta convocatoria antes do 30 de novembro e únete á comunidade para permanecer informado.

Novas

Ver Todas

17 de Outubro de 2018

A Xunta pon en valor o papel protagonista dos centros tecnolóxicos como catalizadores da transformación dixital

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo en valor hoxe en Santiago no I Encontro sobre excelencia tecnolóxica internacional, organizado por Atiga, o papel protagonista dos centros tecnolóxicos como catalizadores da transformación dixital.
Ler máis

16 de Outubro de 2018

Conde adianta que a primeira convocatoria da nova aceleradora aeronáutica se lanzará o próximo mes de novembro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou hoxe na presentación da nova aceleradora do sector aeronáutico que a primeira convocatoria para captar proxectos para esta iniciativa pioneira en Galicia se lanzará o próximo mes de novembro.

Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Outubro

Taller técnico de presentación do Programa Talento Sénior (Vigo)

Máis información
23
Outubro

Conferencia da Plataforma de Stakeholders do Atlántico: Ampliado prazo de solicitude de reunións bilaterais ata o 21 de outubro.

Máis información
25
Outubro

Workshop Estratexias para a protección do deseño

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.