Ver a versión en liña

Resolvemos a convocatoria de consolidación de centros tecnolóxicos

O Diario Oficial de Galicia (DOG)do pasado martes publicaba a resolución das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia. O importe total das axudas concedidas ascende a 2.065.000 euros, un 10% máis do previsto inicialmente. Delas beneficiaranse os nove centros tecnolóxicos galegos e de apoio á innovación tecnolóxica que figuran no rexistro estatal: Anfaco-Cecopesca, Aimen, Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim), Clúster de Acuicultura de Galicia (CETGA), Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética (EnergyLab) e o Centro Tecnolóxico da Auga (Cetaqua).

Máis información
Obxectivo

O obxectivo destas axudas é incentivar a transferencia de resultados de investigación, de coñecemento e de capacidades tecnolóxicas dos centros tecnolóxicos consolidados ao mercado co fin de acadar un verdadeiro impacto na competitividade das empresas galegas e, así, xerar coñecemento.

A distribución das axudas realízase en base a 13 indicadores que valoran a perspectiva financeira, de resultados e de igualdade de xénero de cada centro. Os requisitos de acceso ao financiamento están baseados nestes indicadores de actividade, centrados prioritariamente na capacidade para transferir resultados á empresa e, polo tanto, contribuír de maneira decisiva na competitividade e o crecemento da economía galega.

Novas

Ver Todas

08 de Novembro de 2018

Á carreira tralo material máis forte e sustentable do mundo

Non hai que ir moi lonxe para atopar a que podería ser a materia prima do futuro. Vén das plantas. Cinco veces máis lixeiras e resistentes que o aceiro, as nanopartículas de celulosa ofrecen un gran potencial para moitas industrias. Enso Innovation traballa nunha innovadora técnica que permite reducir a elevada cantidade de enerxía necesaria para obtelas.
Ler máis

05 de Novembro de 2018

Os orzamentos de GAIN impulsarán o emprendemento innovador co programa Talento 2021 para atraer 1500 profesionais a Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou hoxe no Parlamento os eixos principais do Orzamento da súa área para 2019, que crecen un 21%, ata chegar aos preto de 97 millóns, co obxectivo de consolidar en Galicia un ecosistema de innovación aberta a todos os axentes e conectada coa industria.
Ler máis

03 de Novembro de 2018

A Xunta reunirá en Ferrol a axentes do deseño de toda España para compartir coñecemento sobre a súa aplicación á innovación empresarial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebrará o vindeiro 13 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) un encontro destinado a compartir coñecemento e fomentar o contacto entre axentes do deseño de toda España, co obxectivo de avanzar na configuración do ecosistema do deseño galego e facilitar así o seu impacto sobre a competitividade do tecido empresarial innovador.
Ler máis

31 de Outubro de 2018

Feijóo avanza que a cuarta edición do Conecta Peme mobilizará máis de 47 millóns en 54 proxectos de innovación empresarial

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa so Consello que a cuarta edición do Conecta peme mobilizará máis de 47 millóns de euros en 54 proxectos de innovación empresarial.
Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Novembro

I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta

Máis información
13
Novembro
Encontro Ecosistema do deseño para a innovación empresarial

13
Novembro
Presentación do programa Galicia Open Future - Retos industria 4.0: Reto COREN

22
Novembro
Oportunius: Taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

30
Novembro
Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.