Abrimos a inscrición o workshop sobre novos materiais para o deseño e a innovación
O desenvolvemento de novos materiais está a abrir un enorme abano de oportunidades inéditas para o deseño aplicado á innovación empresarial. Co obxectivo de facilitar a súa transferencia á industria a través do traballo dos profesionais do deseño, a Axencia Galega de Innovación organiza o workshop “Novos materiais para o deseño e a innovación”, estruturado en dúas partes: unha sesión de presentación e un taller práctico. O evento, que terá lugar o 29 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) en horario de mañá e tarde, forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.
|