Ver a versión en liña

Abrimos a inscrición o workshop sobre novos materiais para o deseño e a innovación

O desenvolvemento de novos materiais está a abrir un enorme abano de oportunidades inéditas para o deseño aplicado á innovación empresarial. Co obxectivo de facilitar a súa transferencia á industria a través do traballo dos profesionais do deseño, a Axencia Galega de Innovación organiza o workshop “Novos materiais para o deseño e a innovación”, estruturado en dúas partes: unha sesión de presentación e un taller práctico. O evento, que terá lugar o 29 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) en horario de mañá e tarde, forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.

DESTINATARIOS E ESTRUTURA DA XORNADA

Os destinatarios do encontro son os/as deseñadores/as de todos os ámbitos, investigadores/as e tecnólogos/as do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e representantes de empresas e outras entidades interesadas no deseño como panca da innovación.

Durante a primeira parte da xornada, varios representantes de centros tecnolóxicos e de investigación galegos, colaboradores da futura materioteca de Gain no CIS Galicia, exporán os retos que están a afrontar no campo dos novos materiais e os seus principais avances neste campo de coñecemento. Esta sesión de presentación, que non ten límite de asistencia, contará con relatores dos centros tecnolóxicos CTAG, AIMEN e CETIM; do Instituto de Cerámica de Galicia; e da Universidade da Coruña.

O workshop completarase cun taller limitado á participación de 30 persoas para garantir o seu carácter práctico. Nel usaranse as técnicas do brainstorming e o pool de ideas para xerar oportunidades de innovación con base na habilidade dos deseñadores para aplicar novos materiais en sectores para os que inicialmente non foran concibidos. Será impartido por Material ConneXion Bilbao, o maior centro internacional especializado en materiais innovadores e procesos de transformación. Está específicamente dirixido a profesionais dos sectores naval; da automoción; aeronáutico; alimentario e conserveiro; da arquitectura e o interiorismo; e da fabricación de compoñentes e produtos do sector madeira e afíns.

Podes consultar o programa e inscribirte na sección eventos da web de Gain.


SELECCIONADOS OS SEIS PROXECTOS EMPRENDEDORES DA III EDICIÓN DO PROGRAMA ‘VODAFONE CONNECTING FOR GOOD GALICIA’
O xurado do programa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia’ seleccionou seis proxectos emprendedores de innovación social para formar parte da terceira edición do programa impulsado pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). Os proxectos seleccionados están relacionados con temas de e-health, comercio electrónico e monitorización de maiores, entre outros. Os seleccionados accederán a sesións de formación, mentoring, axudas económicas e un espazo de coworking na Cidade da Cultura. Podes consultar os proxectos seleccionados na web do programa.

Novas

Ver Todas

14 de Novembro de 2018

Conecta Peme mobilizará na provincia de Ourense máis de 2 M€ en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan 7 empresas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou esta mañá o investimento de máis dun millón de euros destinado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para seis proxectos nos que participan 7 empresas da provincia, dentro da cuarta edición do programa Conecta Peme, e que mobilizarán mais de 2 millóns de euros. A resolución destas axudas publicouse onte no DOG.
Ler máis

14 de Novembro de 2018

A Xunta traslada ás empresas de enxeñaría, consultaría e servizos tecnolóxicos o seu compromiso co impulso da industria 4.0 e destaca o seu papel decisivo na mellora da competitividade

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, trasladou hoxe ás empresas de enxeñaría, consultoría e servizos tecnolóxicos o compromiso da Xunta co impulso da Industria 4.0 e destacou o papel decisivo destas compañías na mellora da competitividade galega. O conselleiro participou este mediodía na Tribuna Ageinco 2018 celebrada en Vigo á que asistiron unha ducia de empresas da Asociación.
Ler máis

14 de Novembro de 2018

A Xunta avanza na configuración dun ecosistema do deseño galego sólido e coordinado para garantir o seu impacto na innovación empresarial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, inaugurou esta mañá o encontro Ecosistema do deseño para a innovación empresarial, que reuniu en Ferrol ao longo de todo o día a axentes do sector do deseño a nivel estatal. O obxectivo desta iniciativa, o segundo evento destas características que se celebra no marco do Programa de deseño para a innovación 2020, é compartir coñecemento e fomentar o contacto entre os axentes do deseño para avanzar na configuración do ecosistema do deseño galego.
Ler máis

14 de Novembro de 2018

Mauro Fernández Dabouza será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia

O padroado do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) do pasado día 3 de outubro aprobou por unanimidade o nomeamento do novo director-xerente do centro, en substitución de Javier García Tobío, xubilado recentemente.
Ler máis

12 de Novembro de 2018

A Xunta apoia con máis de 2M€ a actividade dos centros tecnolóxicos galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos de Galicia. O importe total concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ascende a 2.065.000 euros, un 10% máis do previsto inicialmente.

Ler máis

Eventos

Ver todos
27
Novembro

I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta

Máis información
22
Novembro
Oportunius: Taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

23
Novembro
NANOEATERS DAY EYEPRESS: sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular

30
Novembro
Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.