Ver a versión en liña

I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación

Esta tarde ás 18 horas pechamos o prazo de inscrición no I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que se celebrará os vindeiros 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Este evento, impulsado pora Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración do Banco Interamericano de Desarrollo (BID) e a Red Interamericana de Compras Gubernamentales (RICG), reunirá a máis de 20 expertos de 8 países que falarán e debaterán sobre experiencias en innovación aberta no ámbito público e o uso da CPI como ferramenta transformadora da política de innovación.

Obxectivo da xornada

O obxectivo deste foro é seguir impulsando a Compra Pública de Innovación (CPI) como un instrumento que permite o desenvolvemento de solucións innovadoras que dén resposta aos retos e necesidades da sociedade. Galicia é referente a nivel europeo en Compra Pública Innovadora e agora busca posicionarse como referente para Iberoamérica, organizando o primeiro encontro España-América para o intercambio de coñecemento neste campo. Ademais, permitirá ás empresas innovadoras contar cunha nova fiestra de oportunidade para achegar as súas innovacións a clientes públicos a nivel internacional.

O foro está dirixido a todos os axentes que participan nos procesos de innovación no sector público: dende os empregados públicos, os promotores de innovación, ata o tecido empresarial innovador e as empresas tractoras.

Formato e programa

O evento, de carácter gratuíto, terá un enfoque totalmente disruptivo, incorporando unha combinación de diferentes formatos como charlas inspiradoras, mesas de debate, obradoiros e smart speeches. Estará deseñado de forma práctica para que todos os asistentes interactúen e centrado no desenvolvemento de habilidades para innovar que faciliten o cambio cara a unha cultura da innovación pública.

Podes consultar o programa completo e rexistrarte na web de Gain.

Novas

Ver Todas

22 de Novembro de 2018

A sustentabilidade empeza polo corazón das empresas

O edificio de oficinas más sostible e eficiente de España está en Galicia. É a nova sede corporativa de Norvento, unha das principais empresas enerxéticas do país e un exemplo agora de que é posible vivir cun sistema desconectado da rede eléctrica e 100% renovable. A pioneira construcción é o resultado de case catro décadas de innovación no sector.
Ler máis

21 de Novembro de 2018

A Xunta destaca á fundación Kaertor como a gran aliada para converter Galicia nun polo de innovación en novos fármacos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe no primeiro taller de traballo da Fundación Kaertor que esta entidade é a gran aliada da Xunta para converter Galicia nun polo de innovación en novos fármacos. Conde sinalou que grazas á colaboración coa Fundación e coa multinacional Jannsen, Galicia é pioneira ao contar coa primeira incubadora de fármacos de España, o que permite dar un gran paso cualitativo neste sector.
Ler máis

18 de Novembro de 2018

A Xunta difundirá en Ferrol as capacidades galegas en materiais innovadores ao servizo do deseño industrial

Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o vindeiro xoves 29 de novembro no CIS Galicia (Ferrol) unha nova xornada de traballo no marco do Programa de deseño para a innovación 2020. O workshop Novos materiais para o deseño e a innovación ten por obxectivo difundir os novos materiais –en especial os creados en Galicia– como un foco de oportunidades de gran valor para o deseño aplicado á innovación empresarial.

Ler máis

17 de Novembro de 2018

Galicia acolle o I Foro Iberoamericano sobre Compra Pública de Innovación os próximos días 27 e 28 de novembro

Galicia acollerá os vindeiros 27 e 28 de novembro o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que reunirá a todos os axentes implicados na Compra Pública de Innovación (CPI) a nivel internacional, convertendo así á Comunidade galega no epicentro do intercambio de coñecemento entre España e América neste eido e posicionándoa como referente internacional na materia.
Ler máis

16 de Novembro de 2018

As empresas Nanoimmunotech e Phycosem Marine Agronomy, galardoadas cos VI premios Bioga

A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) entregaron esta mañá na Coruña os Premios Bioga na súa sexta edición. Os galardoados nas dúas categorías son: Nanoimmunotech, empresa referente no sector da nanobiotecnoloxía con sede en Vigo, Zaragoza e Madrid, na categoría de Premio á empresa biotech máis competitiva; e Phycosem Marine Agronomy, spin-off da Universidade da Coruña con sede en Oleiros dedicada á produción e reprodución de macroalgas, como Premio á mellor idea empresarial biotech.
Ler máis

Eventos

Ver todos
23
Novembro
NANOEATERS DAY EYEPRESS: sensor autónomo e implantable para a medida da presión intraocular

29
Novembro
Workshop “Novos materiais para o deseño e a innovación”

30
Novembro
Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.