Ver a versión en liña

Publicada a convocatoria dos Hubs de Innovación Dixital

O Diario Oficial de Galicia do martes pasado, 18 de decembro, recollía a publicación da primeira edición da convocatoria para impulsar a creación de Hubs de Innovación Dixital, unha nova ferramenta que permitirá achegar a innovación dixital ás empresas. Convértese así a Xunta na primeira Administración española en lanzar unha convocatoria para impulsar a creación deste novo instrumento. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 1 de febreiro.

A través desta convocatoria de concorrencia competitiva, seleccionaránse os proxectos de Hubs de Innovación Dixital que polo seu carácter estratexico poderán acceder aos instrumentos de apoio que se porán en marcha no 2019 e 2020.

A Comisión Europea reserva 300 millóns de euros no periodo 2018-2020 para apoiar esta nova ferramenta que terá continuidade no próximo periodo, 2021-2027, dentro do programa Digital Europa deseñado para a promoción da dixitalización no ámbito europeo e que está dotado con 9.2M€.

Que se espera deste novo instrumento?

Grazas á creación destes Hubs de innovación dixital, agárdase que Galicia dea un paso máis na súa especialización a través da transformación dixital, de tal xeito que se posicione nunha situación de vantaxe competitiva no mercado global da economía do coñecemento. A nosa Comunidade gañará en competitividade, creará emprego cualificado e incrementará o peso da actividade industrial sobre o PIB galego.

Os Hubs de innovacion dixital, máis aló de dar resposta ás necesidades do tecido produtivo ou incorporar as novas tecnoloxías nas estratexias das pemes, supoñen un beneficio para todos os axentes que os conforman; maior competitividade para o tecido industrial; oportunidades de negocio e exportación para os provedores tecnolóxicos que desenvolvan novos produtos; así como oportunidades de valorización do coñecemento xerado nos centros tecnolóxicos e de investigación.

A valoración das propostas realizarase evaluando criterios relacionados coa visión estratéxica, coa proposta operativa e coa capacidade técnica, así como a súa contribución ao avance da RIS3.

Para máis información podedes consultar as bases da convocatoria na páxina web de Gain.

MONITORIS3

Están dispoñibles na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia os pregos de contratación de asistencia técnica para a realización de tarefas de apoio á coordinación xeral do proxecto Interreg Monitoris3,  do que Gain é xefe de fila. O prazo de presentación remata o 3 de xaneiro de 2019 ás 14 horas.

Novas

Ver Todas

19 de Decembro de 2018

As empresas preseleccionadas para o reto presentado por Coren en Galicia Open Future coñecen o funcionamento da compañía

Representantes de empresas, centros tecnolóxicos e universidades responsables de sete propostas presentadas para a proposta de Coren dentro da última convocatoria da aceleradora Galicia Open Future terán oportunidade de coñecer en profundidade durante tres días a cooperativa galega e as particularidades do reto que expón.

Ler máis

19 de Decembro de 2018

Conde destaca no Porriño que a aposta pola innovación e a internacionalización é clave na mellora da competitividade empresarial galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a visita ás instalacións de Ceamsa no Porriño, que a aposta do tecido empresarial galego pola innovación e a internacionalización é clave na mellora da súa competitividade.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.