Ver a versión en liña

Ganadores, o noso blog de casos de éxito de innovación en Galicia

Dende 2017 mantemos dende a Axencia Galega de Innovación un blog de casos de éxito de innovación en Galicia, co obxectivo de difundir a cultura da innovación entre todos os galegos e galegas a través de iniciativas e proxectos concretos e servir de inspiración para o noso tecido empresarial sobre a capacidade que ten a I+D+i para mellorar a súa competitividade e, por tanto, a economía galega.

Dende a súa creación publicáronse 36 reportaxes e recibiu máis de 13.000 visitas. Neste 2019 retomamos a publicación de historias de éxito, apoiadas dun xeito ou doutro pola Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa publicación do caso da startup galega Deicom Technologies que desenvolveu un sistema preditivo que permite optimizar a cria de lagostino para a empresa Pescanova.

Big Data e intelixencia artificial aplicada á cría de lagostino

En acuicultura hai moitos factores que condicionan o éxito do criadeiro e o lagostino é un claro exemplo. Múltiples variables, como cuestións ambientais, tamaño, alimentación, enfermidades, etc., complican a súa xestión e reducen a eficiencia e rendibilidade da actividade. Por este motivo, Deicom Technologies desenvolveu un sistema para predicir o comportamento das especies e optimizar a cría de lagostino para a empresa Pescanova, unha das maiores produtoras mundiais de lagostino vannamei.

Esta solución, que aplica Big Data e intelixencia artificial á acuicultura, resultou gañadora do reto proposto por Pescanova no marco da convocatoria do Galicia Open Future Retos Industria 4.0, o programa promovido por Telefónica e a Xunta de Galicia para impulsar o sector industrial de Galicia mediante a conexión entre o novo talento emprendedor e as empresas tractoras da comunidade. Podes acceder á historia completa no blog Ganadores.gal.

Novas

Ver Todas

02 de Xaneiro de 2019

Un consorcio de empresas galegas desenvolve unha solución para levar as enerxías renovables a rexións remotas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou en Narón a enxeñería Ártabro-Samdeu, con experiencia nos sectores naval, medioambiental, enerxía e construción, co obxectivo de facer un seguimento do proxecto Modul, apoiado na última convocatoria do programa de axudas Conecta Peme da Xunta.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.