Ver a versión en liña

Contratos predoutorais e axudas para grupos de referencia máis competitivos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) de onte, 30 de xaneiro de 2019, publica dúas convocatorias conxuntas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación: os contratos predoutorais para persoal investigador e as axudas para grupos de referencia máis competitivos do Sistema galego de I+D+i. Ambas liñas de axuda están dirixidas ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), organismos públicos de investigación, fundacións de investigación sanitaria e os centros en Galicia do CSIC e do IEO.

100 contratos predoutorais

O obxectivo do programa de contratos predoutorais é fomentar a formación do persoal investigador dende etapas iniciais. A convocatoria inclúe dúas modalidades. A modalidade A dirixida a potenciar as traxectorias de investigación vencelladas ás áreas estratéxicas definidas pola Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), na que previsiblemente se apoiarán 57 contratos por importe de 23.500 euros anuais cada un.

A modalidade B, pola súa banda, cubre aquelas áreas de coñecemento que atopan máis dificultades de encaixe directo nos sectores produtivos. Deste xeito, garante un mínimo de 10 axudas no ámbito das Artes e Humanidades e outras 10 para Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que o número de solicitudes o permita. Prevese a contratación de 43 investigadores a través desta modalidade cun importe por contrato de 20.500 euros anuais.

Ambas modalidades inclúen estadías de tres meses de duración no estranxeiro cun importe mínimo, a maiores, de 6.000 euros, en función do destino.

Consolidación de grupos de referencia e de potencial crecemento

O obxectivo desta liña de axudas é asegurar un financiamento estrutural e continuado, condicionado a criterios de calidade. Esta convocatoria contempla tamén dúas modalidades. A primeira está dirixida aos grupos de referencia competitiva, que se caracterizan por bos índices de publicacións científicas, un nivel de captación de recursos elevado e competitivos a nivel estatal e mesmo internacional. As axudas desta modalidade terán unha duración máxima de catro anos e a dotación total ascende a 7.120.000 euros.

A segunda modalidade está dirixida a grupos de potencial crecemento que, sen acadar os niveis de desenvolvemento dos anteriores, teñen calidade investigadora, constatable con criterios estritos e que están na senda que os leve a ser grupos de referencia. A duración das axudas será de tres anualidades e a dotación total desta modalidade ascende a 3.330.000 euros.

Podes atopar máis información sobre estas convocatorias, na páxina de GAIN.

Novas

Ver Todas

25 de Xaneiro de 2019

Un consorcio de empresas desenvolve unha solución integral para monitorizar en tempo real a auga de consumo humano

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do proxecto Trihsens, que busca o desenvolvemento dun sensor eficiente para sistemas de control en augas de consumo. Na iniciativa, que conta cun orzamento de preto de 879.000 euros co apoio do programa Conecta Peme da Xunta, participan tres pemes galegas, unha grande empresa e dous centros tecnolóxicos, Aimen e Cetaqua.
Ler máis

24 de Xaneiro de 2019

A Xunta impulsa unha iniciativa de economía circular para valorizar os subprodutos e residuos da industria láctea

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou esta mañá na sede de CETIM (Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial), en Culleredo (A Coruña), na presentación do proxecto BIOPOL, apoiado pola Xunta no marco do programa Conecta Peme.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
05
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade Politécnica de Madrid

07
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Axencia Galega de Innovación

21
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Axencia Galega de Innovación

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.