Ver a versión en liña

InnovaPeme e Principia

Véñense de publicar recentemente no DOG, dúas novas convocatorias para o fomento da competividade a través do apoio á innovación:

  • Principia. Axudas para a contratación de persoal para a realización de actividades de I%2BD%2Bi

  • InnovaPeme. Axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas de Galicia (Plans de Innovación)

Detalle das convocatorias
INNOVAPEME

Dotada con 2,8 millóns de euros e destinada a fortalecer o posicionamento, a competitividade e a internacionalización das pemes galegas a través da mellora da súa capacidade innovadora, este programa ofrece axudas a fondo perdido de ata 100.000 euros para financiar o 50% dos custos das actividades incluídas nun Plan de Innovación que permita ampliar e consolidar as súas capacidades innovadoras e, así, mellorar os seus procesos, a súa organización e ofrecer novos produtos e servizos ao mercado.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 8 de abril.

VER FICHA DETALLADA DA CONVOCATORIA

PRINCIPIA

Cuarta convocatoria desta iniciativa destinada a impulsar a contratación de persoal mozo e cualificado por parte de empresas e organismos de investigación, para abordar actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación. O obxectivo é favorecer a contratación de 110 persoas durante un período mínimo dun ano, para o que se outorgarán axudas de 10.000 euros por contrato.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11 de abril.

VER FICHA DETALLADA DA CONVOCATORIA

Obradoiros de presentación de InnovaPeme e Principia en colaboración coas confederacións de empresarios das catro provincias.

Consultar datas e inscribirse

Novas

Ver Todas

21 de Febreiro de 2019

Xaque ás sementes máis rebeldes do cancro

O grupo de investigación Oncomet e a farmacéutica Roche traballan desde Galicia na mellora do diagnóstico e o tratamento da man da medicina personalizada.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
25
Febreiro

Lanzamento da III Edición Agrobiotech Innovación

Lugar: Tecnópole / Día: 25/02/19 / Hora: 12:30 Agrobiotech Innovación é un programa de aceleración dirixido ao impulso e o crecemento sostible das pemes innovadoras galegas en tres sectores estratéxicos: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.