Ver a versión en liña

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) invítante a presentar a túa candidatura aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019.

Estes galardóns chegan á súa quinta edición coa vontade de recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/das empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

O procedemento para presentar candidaturas, aberto ata o 31 de maio, é sinxelo e totalmente telemático.

3 MODALIDADES
  • Premio “Francisco Guitián Ojea” , a un traballo de investigación aplicada, dotado con 6.000 €. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia;
  • Premio “Fernando Calvet Prats” , a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, dotado con 6.000 €. O premio irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida con máis éxito ao sector empresarial.
  • Premio “Ricardo Bescansa Martínez” , a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, dotado con 6.000 €. Concederaselle á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxía transferida desde un grupo de investigación galego.

As bases do premio están dispoñibles na web da Axencia Galega de Innovación e na da Real Academia Galega de Ciencias

Bases do certame

Novas

Ver todos

01 de Abril de 2019

Conde destaca a contribución do Programa Ignicia ao cambio de cultura na transferencia de coñecemento ao mercado

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela, durante un encontro sobre o programa Ignicia, a contribución desta iniciativa pioneira da Xunta ao cambio de cultura na transferencia de coñecemento ao mercado.
Ler máis

04 de Abril de 2019

GANADORES.GAL: Este medicamento ten unha segunda vida: facer fronte á obesidade

Cada ano saen ao mercado uns 200 fármacos que non son novos de todo, pero si que cambian de misión. O reposicionamiento dun medicamento, ás veces por casualidade e outras pola análise das súas propiedades, permite acurtar os prazos e os custos da investigación e dar solucións innovadoras a enfermidades diferentes.
Ler máis

Eventos

Ver todos
08
Abril
Novidades da Lei de Marcas

11
Abril
Xornada sobre programas de cooperación tecnolóxica internacional financiados polo CDTI e o Programa Innowwide

Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.