Ver a versión en liña

A Civil UAVs Initiative na feira XPONENTIAL 2019 en Chicago

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Civil UAVs Initiative, participará en Chicago, durante a vindeira semana, na principal feira do mundo na industria de drons, a XPONENTIAL 2019.

Feira XPONENTIAL 2019

A feira XPONENTIAL 2019 constitúe o principal punto de encontro a nivel internacional para o sector dos sistemas non tripulados aéreos, terrestres e marítimos. Conta con máis máis de 700 expositores e 8.500 visitantes o que a convirte nunha excelente oportunidade para as empresas que participan na CUI para establecer contactos comerciais, colaboracións tecnolóxicas, así como coñecer as tendencias e o futuro desta industria.

A participación da Civil UAVs Initiative nesta feira enmárcase no plan de internacionalización da iniciativa, que ten por obxectivo xerar novas oportunidades de negocio aos axentes implicados na CUI e contribuír a posicionar a Galicia como un polo de referencia internacional no segmento dos vehículos non tripulados para uso civil.

A misión da Xunta estará conformada por mais de 30 axentes do sector, acompañadas das multinacionais Indra, Babcock e Boeing -socias da Xunta de Galicia na Civil UAVs Initiative (CUI).  

Novas

Ver todas

22 de Abril de 2019

Conde destaca a contribución da empresa de enxeñería Soltec á transformación dixital do tecido produtivo galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Vigo na súa visita ás instalacións do grupo Soltec, que conta con catro empresas que desenvolven a súa actividade en diferentes da enxeñaría industrial, o importante labor desta compañía no proceso da transformación dixital que se está a abordar en Galicia, colaborando con máis de 800 clientes.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.