Ver a versión en liña

Doce pemes galegas participan no programa Agrobiotech Innovación

A aceleradora de empresas Agrobiotech, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), e polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), acaba de concluír o proceso de selección. Doce pemes galegas mellorarán grazas a este programa de apoio que se desenvolverá de maio a novembro.

Web de Agrobiotech

 

Sector agroalimentario:
Horticultura Hidropónica (Pontevedra). Solucións de cultivo hidropónico para a agricultura achegando actividades sostibles e escalables ao sector agrícola.
Dairylac (A Coruña). Fabricación, procesamento e comercialización de derivados lácteos de alto valor engadido que melloren o benestar e a saúde.
Orballo Innovaciones Forestales (A Coruña). Produción, envasado e comercialización de produtos deshidratados de orixe vexetal.
Taste Lab (Lugo). Tecnoloxía de análise sensorial. Software de intelixencia sensorial adaptado ás necesidades do sector agro-alimentario.


Sector biotecnolóxico:
Laboratorio CIFGA (Lugo). Obtención, desenvolvemento, certificación e comercialización de materiais de referencia certificados de biotoxinas. 
Applied Mass Spectrometry Laboratory (Lugo). Servizos analíticos para o control de calidade dos produtos antes de saír ao mercado.
Software 4 Science Developments (A Coruña). Software de análise de datos de técnicas biofísicas para a súa aplicación nas primeiras fases de descubrimento de fármacos.
Nasasbiotech (A Coruña). Aporta novas estratexias de detección, tratamento e seguimento da enfermidade oncolóxica. 
Celtalga Extract (A Coruña). Desenvolvemento e fabricación de extractos de algas de orixe galega.


Sector Biomasa:
Hifas da Terra (Pontevedra). Produción de nutracéuticos a partir das diferentes especies de fungos que cultiva. Especializada nas distintas áreas de micoterapia aplicada.
Ibérica de Esponjas Vegetales (Pontevedra). Innovación en fibras vexetais de produción rápida e natural.
Mosquera Villavidal (Ourense). Transformación da madeira, ao aserrado de madeira para embalaxes: Fabricación de pellets de madeira.
SERVIZOS DO PROGRAMA DE ACELERACIÓN

As empresas que participan en Agrobiotech Innovación xa teñen un modelo de negocio definido e, durante o seu paso polo programa, reciben todo tipo de asesoramento para consolidalo, perfilar os seus produtos e identificar novos segmentos de clientes e recursos de financiamento.

O programa ofrece un plan de traballo á medida das necesidades de cada unha das pemes seleccionadas, en catro ámbitos:

  • excelencia operativa e innovación aberta,
  • liderado de produto,
  • comercialización e internacionalización,
  • captación de fondos públicos e privados.

Esta iniciativa enmárcase na rede de aceleradoras de empresas que a Xunta ten en marcha baixo a plataforma StartIN Galicia e conta coa colaboración do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), o CIS Madeira, o CETAL e a Fundación CEL.

Novas

Ver todas

08 de Maio de 2019

A Xunta anima á industria naval a seguir apostando pola innovación para ser competitiva e adaptarse ás necesidades do mercado

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director do Igape, Juan Cividanes, interviñeron esta mañá en Vigo no acto de presentación en Galicia do Plan estratéxico de I+D+i dos medianos e pequenos estaleiros. Visión 2030, realizado pola Fundación Soermar en colaboración co sector.
Ler máis

08 de Maio de 2019

Máis de 150 investigadores noveis participan na feira Galiciencia que se desenvolve ata o venres na Tecnópole

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu á xornada inaugural da maior feira científica de Galicia, a Galiciencia, que se desenvolverá ata o 10 de maio no recinto de Tecnópole, no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.
Ler máis

06 de Maio de 2019

A Xunta avalía con Atiga novas iniciativas para seguir avanzando no impulso dos centros tecnolóxicos galegos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avaliou hoxe en Santiago de Compostela novas iniciativas con Atiga para seguir avanzando no impulso dos centros tecnolóxicos galegos.
Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Maio

O deseño: boas prácticas, propostas de accións e apoio a PEMEs

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.