Ver a versión en liña

NOVA CONVOCATORIA DE TALENTO SÉNIOR

A convocatoria Talento Sénior 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que vén de ser aprobada no Consello da Xunta de Galicia, permitirá na súa segunda convocatoria a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de traxectoria en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

Nota de Consello

O obxectivo desta liña de axudas, dotada con preto dun millón de euros , é atraer e reter profesionais  de alta cualificación e persoal investigador doutor cunha carreira consolidada para desenvolver proxectos de  I+D+i en empresas, organismos de investigación non universitarios  e centros tecnolóxicos.

O apoio consistirá en incentivos ás entidades beneficiarias para a contratación deste persoal, que variarán en función da retribución bruta dos contratos e do tipo de entidade, primándose o regreso de profesionais a Galicia, o emprego indefinido e a incorporación de mulleres.

As contratacións apoiadas, ata un máximo de dúas por entidade, deberán ser indefinidas ou de duración igual ou superior 3 anos e achegar un salario bruto mínimo de 40.000€ por anualidade.

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019

Segue aberto o prazo dos Premios de Transferencia da Real Academia Galega de Ciencias e Gain.
Os destinatarios destes galardóns, que este ano chegan á súa quinta edición, son os investigadores e as empresas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento.

Bases dos Premios

Novas

Ver todas

23 de Maio de 2019

Galicia expón o seu sistema de avaliación da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) a outras comunidades autónomas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, expuxo esta mañá en Madrid o proceso de avaliación da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia ante representantes doutras Comunidades Autonómas no marco dunha xornada organizada pola Red I+D+i, coordinada polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) e dependente dos ministerios de Facenda e de Ciencia, Innovación e Universidades.
Ler máis

21 de Maio de 2019

Xunta e Boeing presentan o proxecto sobre seguridade aérea que a multinacional desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe á presentación do proxecto sobre seguridade aérea Galician Skyway-Civil UAVs Initiative, que a multinacional Boeing desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia, en Rozas.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.