Ver a versión en liña

Avaliación Intermedia da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3

A Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) afronta a súa avaliación intermedia. Dende a súa posta en marcha, concedéronse no seu marco axudas públicas á I+Di por máis de 800 millóns de euros que conseguiron mobilizar máis de 1200 millóns, un 77,6% respecto do obxectivo total de mobilización ata 2020.

Máis información
Proceso de avaliación

O obxetivo deste proceso de avaliación é identificar desviacións na execición da RIS3, introducir medidas correctoras se fose preciso e reaxustar as prioridades. Tamén servirá para sentar as bases para comezar o proceso de definición da futura RIS3 no marco do orzamento comunitario 2021-2027.

Este proceso estase levando a cabo empregando distintos instrumenos como: o balance de execución, a recollida de información a través de cuestionarios; a organización de grupos de discusión, paneis de expertos e consellos asesores; realización de talleres de traballo; e a consulta á sociedade en xeral. Esta avaliación intermedia estase desenvolvendo cunha alta participación e proactividade por parte dos axentes galegos do sistema de I+D+i.

Sobre a RIS3
A RIS3 é a estratexia de innovación de Galicia para o periodo 2014-2020, na que se establecen os retos e prioridades do investimento en I+D+i da nosa Comunidade, co obxectivo de asegurar unha concentración eficiente dos recursos disponibles e responder a unha esixencia da Comisión Europea para poder acceder aos Fondos Estruturais no periodo 2014-2020.

Novas

Ver todas

06 de Xuño de 2019

Ganadores.gal: A outra doutora que fará que ao teu médico non se lle escape nada

A intelixencia artificial está a cambiar a medicina. Hai xa moitas ferramentas de axuda aos profesionais da saúde para ser máis eficientes e precisos. Ese é tamén o obxectivo dun innovador sistema creado por un grupo de empresas liderado por Health in Code que integra todas as recomendacións das guías clínicas para que o médico poida tomar sempre a mellor decisión
Ler máis

03 de Xuño de 2019

Conde cualifica a RIS3 como un proxecto colectivo para a modernización económica de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, cualificou hoxe a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) como un proxecto colectivo para a modernización económica de Galicia. Así o puxo de manifesto na xornada de balance RIS3 Galicia: Avaliación Intermedia. Reto 2: Novo modelo industrial para a Galicia do futuro.
Ler máis

28 de Maio de 2019

A Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia afronta a súa avaliación intermedia cun 77% do investimento executado

Dende a posta en marcha da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia coordinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, concedéronse no seu marco 3683 axudas públicas á I+D+i por máis de 833 millóns de euros que conseguiron mobilizar máis de 1260 millóns. Esta cifra supón unha porcentaxe de execución dos fondos previstos do 77,6% respecto do obxectivo inicial de mobilización de 1624 millóns de euros ata 2020.
Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Xuño

Presentación da Materioteca de Galicia e workshop “Materiais para a economía circular”

Máis información
03
Xullo

Taller de preparación de propostas EUROSTARS-2

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.