Ver a versión en liña

Semana do sector aeroespacial

A vindeira semana o sector aeroespacial protagoniza gran parte da nosa axenda. Animamos a todo o ecosistema galego de innovación vencellado ao sector aeroespacial a participar.

III Foro Aeroespacial Chile-España: 25 de xuño, Santiago de Compostela

O obxectivo deste foro é analizar e debater as oportunidades de negocio e investimento no sector dos UAVs e fomentar a cooperación entre os axentes do sector en Chile e en España. A asistencia é gratuíta, previa inscrición a través do correo electrónico: fce@fce.org.es. Podes consultar o programa na seguinte ligazón.

III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial: 27 de xuño, Santiago de Compostela

O obxectivo principal deste evento é poñer en común as novas liñas de actuación da industria e compartir o coñecemento e valoración dos diferentes actores sobre o futuro esperado do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, ou os proxectos que se están levando a cabo no ámbito das naves non tripuladas. A inscrición é gratuita pero as prazas son limitadas.

5ª Feria Internacional de Drons de Uso Civil – ExpoDrónica : 27 e 28 de xuño, Madrid (IFEMA)

A Axencia Galega de Innovación contará cun stand propio da Civil UAVs Initiative na feira, á que asistirá acompañada das empresas Imatia, EPTISA, SRM Consulting, UAV Works, Aeromedia, Sixtema, Centum, UAVS Instruments, Babcock e do centro tecnolóxico CTAG.

Novas

Ver todas

20 de Xuño de 2019

GANADORES.GAL: Non todas as bacterias son malas, hai unha que pode sacar o mellor sorriso

Hai poucas enfermidades máis comúns que a carie. A partir dos 64 anos, unha persoa ten de media 14 dentes danados. Á limpeza e a unha dieta sa súmase agora un protector para a saúde bucodental patentado pola Fundación Biomédica Galicia Sur a partir dunha bacteria descoñecida ata agora e que foi descuberta grazas á colaboración de persoas con síndrome de Down.

Ler máis

19 de Xuño de 2019

A Xunta pon en marcha en Ferrol a Materioteca de Galicia, á disposición de profesionais e empresas para impulsar a innovación a través do deseño

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, explicou esta mañá na presentación da materioteca de Galicia en Ferrol que este novo recurso aspira a ser “un punto de referencia para todos os profesionais galegos que investigan, innovan e deseñan na órbita dos novos materiais, tanto para os que os crean como para os que os aplican, e un foco de difusión da tecnoloxía de materiais con orixe en Galicia, para apoiar a súa proxección internacional”.
Ler máis

14 de Xuño de 2019

A Xunta reforza o seu compromiso coa I+D+i e incrementa o seu apoio económico aos centros do CSIC ata os 480.000 euros

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe en Pontevedra que a Xunta reforzará o seu compromiso coa investigación incrementando ata os 480.000 euros o seu apoio económico aos centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Ler máis

Eventos

Ver todos
21
Xuño
NANOEATERS Workshop con industria: Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de toxinas mariñas e detección temperá de fibrose

26
Xuño
Evento multiplicador do proxecto FUTUREfacing ERASMUS+

28
Xuño
II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

03
Xullo
Taller de preparación de propostas EUROSTARS-2

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.