Ver a versión en liña

RESOLUCIÓN DA PRIMEIRA EDICIÓN DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DE 2019 DE FÁBRICA INTELIXENTE

A Axencia Galega de Innovación acaba de resolver a primeira edición da convocatoria de axudas de Fábrica Intelixente para 2019, orientada a apoiar proxectos estratéxicos para un novo modelo produtivo de Galicia, liderados por empresas e que teñan un efecto tractor sobre o tecido industrial de Galicia. Apoiaranse 5 proxectos cunha axuda de 6,4 millóns de euros.

Cinco proxectos estratéxicos

O Diario Oficial de Galicia de mañá publicará a resolución da primeira edición da convocatoria de 2019 do programa Fábrica Intelixente, que xa está dispoñible a través da web de Gain. A través desta liña de axudas apoiaranse 5 proxectos dos sectores da conserva, automoción, naval e TIC. Os proxectos desenvolveranse ata 2022 e neles participan 7 empresas e un centro tecnolóxico. Cunha axuda de preto de 6,4 millóns de euros, agárdase que mobilicen 22,4 millóns de euros, xeren 16 empregos cualificados e empreguen a 94 persoas en tarefas de I+D+i. Os proxectos financiados nesta primeira edición de 2019 son:

  • ALBO 4.0, Tecnoloxías dixitais para a industria conserveira do futuro; a desenvolver pola conserveira Hijos de Carlos Albo.
  • FIBER 4.0, Desenvolvemento da Factoría Intelixente; acometido por Benteler Automotive Vigo.
  • F4ST, Desenvolvemento de Tecnoloxías 4.0 para o Estaleiro do Futuro; liderado por Navantia.
  • CLAUDIIA, Collaborative Layer for Automation and Development of Industrial Innovative Approache; liderado por Gamelsa, empresa do grupo Televés, coa colaboración do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).
  • EfiFACTORY, Tecnoloxías 4.0 para a fabricación eficiente: liderado pola factoría Borgwarner en colaboración co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Ata o 31 de xullo, pódense presentar novos proxectos para os que se dispón dun orzamento doutros 6,4 millóns de euros.

Máis información

Novas

Ver todas

27 de Xuño de 2019

A Xunta participa hoxe en Madrid na feira Expodrónica 2019, a principal cita europea dos drons civís

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), participa hoxe e mañá, en Ifema (Madrid) na quinta edición do evento máis importante no ámbito exclusivo dos drons civís en Europa.
Ler máis

26 de Xuño de 2019

A Xunta promove a innovación no sector do moble a través da mellora da formación impartida aos futuros profesionais

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, inauguraron esta mañá o evento de presentación de resultados do proxecto europeo FUTUREfacing.
Ler máis

25 de Xuño de 2019

Conde pon en valor a aposta da Xunta pola industria aeroespacial galega para impulsar a súa internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, puxo hoxe en valor en Santiago de Compostela na inauguración do III Foro Aeroespacial Chile-España a aposta da Xunta por esta industria.
Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Xuño
II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

03
Xullo
Taller de preparación de propostas EUROSTARS-2

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.