Ver a versión en liña

A Biotecnoloxía, un sector estratéxico para Galicia

A biotecnoloxía está recollida como un sector estratéxico na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 polo seu potencial como tecnoloxía facilitadora esencial , xogando un papel destacado no desenvolvemento doutros sectores fundamentais para Galicia como o agroalimentario, o mariño, o ambiental ou o sanitario. Por este motivo, a Xunta de Galicia puxo en marcha, en colaboración co sector, a Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía.

A incubadora Bioincubatech

O Consello da Xunta de Galicia autorizou hoxe a subscrición de varios convenios de colaboración para cofinanciar Bioincubatech, a incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación e a transferencia da biotecnoloxía nos ámbitos da saúde e das tecnoloxías alimentarias ás micropemes.

Aprobada pola Fundación Incyde e cofinanciada polo programa FEDER 2014-2020, esta iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Uninova e Gain , permitirá a incubación de 40 empresas e a prestación de servizos avanzados, poñendo a disposición das empresas equipamentos de investigación e desenvolvemento punteiros.

Colaboración con Bioga

Asinamos tamén recentemente un acordo de colaboración co clúster Bioga para o periodo 2019-2020 co fin de realizar actuacións conxuntas que continúen dinamizando o sector biotecnolóxico empresarial galego e apoiando aos sectores produtivos de Galicia. Entre as actuacións que se financian atópanse accións de networking como os Bioalmorzos ou o Biospeed Dating, premios á traxectoria innovadora do tecido empresarial do sector, posicionamento do sector a nivel internacionale a elaboración da Estratexia do sector biotecnolóxico galego para o periodo 2021-2025.

Balance da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía

A Estratexia de impulso ao sector biotecnolóxico galego 2016-2020, está cerca de acadar o 95% de execución do total mobilizado previsto, cun investimento público-privado de 186 millóns de euros.

Os efectos da Estratexia galega de impulso á biotecnoloxía comezan a reflectirse nos indicadores do sector a nivel estatal, que sitúan a Galicia na terceira posición en número de empresas biotecnolóxicas creadas (Informe Asebio 2018), na segunda posición en canto a incremento do gasto interno en biotecnoloxía (cun crecemento 2014-2017 do 30% superando o 17% de media nacional) e un incremento do 22% no persoal empregado neste sector, superando claramente a outras comunidades como Madrid ou Cataluña (Enquisa INE).

Novas

Ver todas

03 de Xullo de 2019

Conde apela á colaboración entre administracións, universidades, centros tecnolóxicos e empresas para avanzar no desenvolvemento dos materiais compostos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apelou hoxe en Vigo, no XIII Congreso Nacional de Materiais Compostos, á colaboración entre administracións, universidades, centros tecnolóxicos e empresas para avanzar xuntos no desenvolvemento dos materiais compostos.
Ler máis

28 de Xuño de 2019

A Xunta traballa na elaboración dun mapa de provedores do deseño galego para difundir a oferta de servizos do sector

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Ferrol no II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial en Galicia organizado pola Xunta co obxectivo de seguir avaliando como evoluciona o sector en relación coas necesidades das empresas e para poñer en contacto aos deseñadores coas empresas para impulsar medidas concretas.
Ler máis

28 de Xuño de 2019

A Xunta presenta os seis proxectos que participarán na primeira edición da aceleradora Business Factory Food

O director do Igape, Juan Cividanes, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela ao acto de presentación dos seis proxectos participantes na primeira edición da Business Factory Food (BFFood), onde resaltou o éxito desta convocatoria que rexistrou un total de 56 iniciativas presentadas, das que foron preseleccionadas as 18 que hoxe expuxeron as súas propostas.
Ler máis

Eventos

Ver todos
18
Xullo
Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.