O DOG publica hoxe a resolución pola que se adxudican as axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia, o Programa Principia.
Resolvemos a cuarta convocatoria dun programa pioneiro, implementado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) en 2016, co fin de favorecer o mantemento do talento na nosa comunidade, o desenvolvemento das carreiras profesionais da nosa mocidade, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal capacitado para realizar actividades de I+D+i.
Resultados da convocatoria
Apóiase a contratación de 110 persoas mozas cualificadas en 77 empresas e organismos de investigación con centro de traballo en Galicia.
ANÁLISE DAS AXUDAS CONCEDIDAS
O número de entidades beneficiarias (77)aumentou un 30% con respecto á convocatoria anterior. Ademáis, o 88% das entidades beneficiarias son empresas (case un 50% destas son micropemes), o que amosa que se está a consolidar a existencia e mantemento dunha área de innovación nas empresas galegas.
Características dos contratos apoiados
Case o 50% das persoas contratadas son mulleres, o 79% serán contratos de carácter indefinido e a retribución bruta anual media a percibir polos técnicos contratados será de 22.832 euros. Ademáis, o 95% dos técnicos contratados recibirán un plan de formación ao cargo da empresa que, no 76% dos casos, superará as 60 horas. Por último, o 46% dos técnicos seleccionados polas entidades beneficiarias carecía de experiencia laboral, polo que o Principia se confirma como unha boa ferramenta para favorecer a primeira oportunidade de emprego dos nosos tecnólogos e tecnólogas.
Os interesados poden acceder á toda a información sobre o Programa Principia na páxina web de Gain, premendo neste enlace.
A Xunta e Boeing inaugurarán en Lugo un aula móbil en outubro para divulgar a formación en matemáticas e aeronáutica
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, inaugurou esta tarde en Lugo a sétima edición do congreso de Isarra (Sociedade Internacional de Investigación Atmosférica Usando Aeronaves Remotamente Tripuladas), que reúne a uns setenta expertos internacionais no ámbito da instrumentación atmosférica aplicada ás aeronaves non tripuladas.
A Xunta presenta a entidades e empresas do eido dos recursos humanos os detalles da nova convocatoria de Talento Sénior
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, mantivo esta semana unha reunión con entidades e empresas relacionadas coa xestión de recursos humanos e de talento para presentar os detalles da nova convocatoria do programa Talento Sénior.
Conde destaca que a unidade mixta de investigación ‘E-Space’ supón un novo avance para impulsar o vehículo autónomo e conectado en Galicia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu hoxe o labor que na sede do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), no Porriño, estase desenvolvendo a través da Unidade Mixta de Investigación E-Space que conta tamén coa participación do Grupo Antolin e co apoio da Xunta.
Ganadores.gal: O dispositivo que detecta a artrose… mesmo antes de que apareza
Ás articulacións pásalles coma ao resto do corpo, que envellecen. A idade é o principal factor de risco da artrose, unha enfermidade incapacitante cada vez máis frecuente porque tamén a obesidade e a práctica intensiva de deporte inflúen na súa aparición. É crónica e só a detección precoz axuda a frear a súa progresión. O Instituto de Investigación Biomédica da Coruña creou un innovador sistema de diagnóstico capaz tamén de predicir quen pode desenvolver a patoloxía.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.