Ver a versión en liña

XORNADA SOBRE A NOVA CONVOCATORIA PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN GALEGA NO PROGRAMA H2020

O próximo día 13 de setembro, celébrase na sede da Axencia Galega de Innovación, unha xornada sobre a nova convocatoria para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea.

Nesta xornada presentarase a nova axuda para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea (H2020), que ten como obxectivos:

a) apoiar ás entidades galegas que presenten a H2020 unha proposta de calidade.

b) ofrecer ás pemes galegas un mecanismo coordinado de rescate daquelas propostas presentadas ao Instrumento PEME (tanto Fase 1 como Fase 2) e que obteñan o selo de excelencia, quedando sen financiamento europeo.

Obxectivos da xornada
  • Facer un balance dos resultados acadados polas entidades galegas no Programa Horizon 2020.
  • Coñecer a experiencia práctica de entidades galegas en diferentes prioridades e proxectos do Programa Marco.
  • Informar sobre os detalles da convocatoria da Axencia Galega de Innovación para o fomento da participación galega no Programa Marco.

Poñemos á túa disposición o programa e formulario de inscrición no seguinte enlace.

Web de Gain

Novas

Ver todas

05 de Setembro de 2019

Ganadores.gal: Casas de deseño, sen sobrecustos e eficientes: a fin da utopía

Hai máis dun século que as casas modulares e prefabricadas entraron no mercado inmobiliario como unha opción máis barata e rápida á construción convencional. Pero desde entón repítese a mesma interrogante: a cambio da eficiencia, hai que renunciar ao deseño personalizado? A empresa galega Proyectopía é capaz de integrar estes dous factores con inmobles ideados para cada localización e, ademais, de reducido consumo enerxético.
Ler máis

04 de Setembro de 2019

A Xunta licita un pioneiro sistema para asistir coa axuda de drons aos peregrinos que sufran unha parada cardiorrespiratoria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe, na presentación da licitación, mediante a fórmula da Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora, da contratación do desenvolvemento dun servizo integral de cardioprotección no Camiño de Santiago por medio de vehículos aéreos non tripulados (UAVs) que esta iniciativa converte a Galicia en pioneira a nivel nacional e europeo, cun sistema que permitirá mellorar os tempos de asistencia aos peregrinos que sufran unha parada cardiorrespiratoria.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.