Ver a versión en liña

Xornada sobre os apoios do CDTI á I+D+I empresarial

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) celebran o vindeiro martes 17 de setembro unha xornada na que se presentarán as novidades nas axudas e instrumentos do CDTI.

A xornada, que se celebrará no Pazo de exposicións e congresos da Coruña (PALEXCO) entre as 12 e as 13:30 horas, contará coa participación do director xeral do CDTI, Francisco Javier Ponce, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey.

Entre outras, presentarase a actuación Liña directa de expansión (LIC A), axudas parcialmente reembolsables dirixidas a potenciar a innovación en determinadas rexións españolas -entre elas Galicia- mellorando as capacidades das empresas que desenvolvan plans de investimento para medrar. As axudas, de ata o 75% do orzamento, están dirixidas a pemes e financian a adquisición de activos fixos novos que supoñan unha innovación e a mellora das capacidades na empresa.

Podes consultar o programa, así como acceder ao formulario de inscrición na seguinte ligazón.

Web de Gain

Novas

Ver todas

10 de Setembro de 2019

Feijóo anima ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innovación e garante que nese camiño conta co apoio da Xunta

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou hoxe, durante o acto inaugural de Mindtech 2019, ao tecido industrial galego a seguir apostando pola innovación e aseverou que nese camiño a industria galega conta co compromiso inequívoco da Xunta.
Ler máis

Eventos

Ver todos
13
Setembro
Axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea

30
Setembro
Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.