Ver a versión en liña

Oportunius 2020

Na última convocatoria das axudas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) foron recoñecidos dous investigadores que traballan en centros de investigación galegos. En concreto, Elena Pazos da Universidade da Coruña e Jorge de Torres do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Galicia.
Co obxectivo de asesorar a persoal investigador excelente interesado en presentarse ás convocatorias de 2020 do ERC, a Axencia Galega de Innovación organiza un taller práctico de preparación de propostas o vindeiro 30 de setembro en Santiago de Compostela.

O taller está enfocado ás convocatorias 2020 do ERC, nomeadamente Consolidator Grant e Advanced Grant, e dirixido a persoal investigador de excelencia con interese en participar nas convocatorias ERC do Programa Horizon 2020. Nel participará a persoa de referencia do Punto Nacional de Contacto para ERC, Laura Mohedano, do Instituto de Salud Carlos III. Podes consultar o programa, así como acceder ao formulario de inscrición no seguinte enlace.

Resultados Starting Grant 2019

O pasado 3 de setembro déronse a coñecer os resultados da convocatoria Starting Grant 2019 do ERC e dous proxectos de investigadores que se desenvolverán en centros de investigación galegos resultaron beneficiarios de cadansúa axuda de 1,5 millóns de euros. Trátase do proxecto de Elena Pazos Chantrero, da Universidade da Coruña, SENSE, Supramolecular Engineering of biologically iNSpired peptide nanostructurEs e do de Jorge de Torres, do Instituto de Ciencias de Patrimonio do CSIC, STATEhorn, Pathways to Statehood: Authority, legitimacy and Social Diversity in the Horn of Africa (11th-16th centuries).

Cómpre sinalar que a investigadora da Universidade da Coruña recibiu o apoio do programa Oportunius da Axencia Galega de Innovación na preparación da súa candidatura, tanto na convocatoria de 2018, na que resultou finalista, como na de 2019, da que resultou gañadora. Con estes resultados, podemos facer balance dende o inicio do programa Oportunius en 2015: 9 talleres organizados con 142 asistentes; 91 informes de avaliación de candidatura emitidos; 47 candidaturas presentadas; 15 finalistas confirmados; 9 gañadores con 12 proxectos aprobados e 2 persoas contratadas a través do programa.

Novas

Ver todas

19 de Setembro de 2019

Ganadores.gal: A dixitalización é unha viaxe que necesita un bo guía

O investimento en TIC das empresas galegas superou os 364 millóns en 2017, un 80% máis que o ano anterior. A dixitalización é un proceso imparable e complicado á vez porque afecta a todas as áreas dunha empresa. Coa súa aposta pola innovación continua, Enxenio consolidouse como partner tecnolóxico con solucións a medida para a modernización dos seus clientes
Ler máis

18 de Setembro de 2019

Conde destaca que o acordo entre a Universidade de Vigo e Boeing supón un novo paso para facer de Galicia un referente da industria aeroespacial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Ourense á sinatura dun convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e Boeing e destacou que este acordo, que nace no marco do polo aeroespacial de Galicia e que constitúe un fito de colaboración pública-privada, supón un novo paso para facer de Galicia un referente desta industria.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.