Ver a versión en liña

Programa D´tec para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas

A Axencia Galega de Innovación, dentro do seu obxectivo de fomentar vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade, vén apoiando dende hai tempo diversas actividades no Parque Tecnolóxico de Galicia, no CESGA e tamén coa colaboración, a través de convenios, con distintas entidades como a Fundación Eduardo Pondal. Agora, Gain vai ampliar o seu ámbito de actuación con novas actividades no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño de Ferrol.

Programa D´tec

D’tec é un novo programa da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), para o fomento do deseño, a ciencia e a tecnoloxía dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e a toda a comunidade educativa de Galicia (xuventude, profesorado e familias).

No marco desta iniciativa vanse organizar diferentes accións, todas elas de carácter gratuíto, que terán lugar no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño en Ferrol. As primeras actividades previstas son un conxunto de espectáculos e talleres que se celebrarán de outubro a decembro de 2019.

Tipo de actividades e público ao que van dirixidas

Os talleres, dirixidos a estudantes de último ciclo de primaria (5º-6º) e estudantes de educación secundaria obrigatoria (1º-4º), estarán centrados no Deseño e en novas tecnoloxías como a Realidade Virtual e Aumentada.

O espectáculo, orientado a estudantes de educación secundaria obrigatoria (1º-4º), bacharelato (1º-2º) e ciclos formativos, abordará a importancia das novas tecnoloxías na nosa vida cotiá.

Por último, levaranse a cabo os talleres UDCiencia. O obxectivo destes talleres é espertar a curiosidade pola ciencia entre o alumnado.

Podes consultar o cronograma das actividades e consultar a información sobre inscricións na páxina web de Gain.

Novas

Ver todas

24 de Setembro de 2019

A directora da Axencia Galega de Innovación afirma que espertar o interese das nenas pola ciencia e a innovación é unha prioridade do seu departamento

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, comentou ante un público de rapazas de entre 12 e 15 anos que ten “unha obsesión e unha ocupación moi importante: traballar para que as nenas de Galicia sexan mellores profesionais o día de mañá naquelas áreas de futuro da nosa economía e da economía global e dixital”.
Ler máis

20 de Setembro de 2019

A Xunta subliña que os resultados da incubadora de novos fármacos permiten a Galicia estar máis preto do seu obxectivo de converterse nun referente no eido biotecnolóxico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou esta mañá en Santiago de Compostela, durante o acto de presentación dos primeiros resultados da incubadora de novos fármacos impulsada pola Xunta e a Fundación Kaertor co apoio da empresa Janssen, que este proxecto permite a Galicia estar máis preto do seu obxectivo de converterse nun referente no eido biotecnolóxico, en concreto no referido á oferta de servizos e produtos relacionados cun modelo de vida saudable.
Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Setembro
Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás axudas do European Research Council (ERC)

11
Outubro
Taller Difusión Préstamos IFI INNOVA

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.