Ver a versión en liña

CITIC Censa lanza dous novos retos a través de Galicia Open Future na súa edición Retos Industria 4.0

Desde o pasado día 26 de setembro de 2019, CITIC Censa convértese, tras Nova Pescanova, Finsa e Coren, na cuarta gran empresa galega que, dentro da Edición Retos Industria 4.0 de Galicia Open Future, lanza dous novos retos tecnolóxicos dirixidos a emprendedores, startups, pemes e organismos de investigación de todo o mundo.

CITIC Censa, situada no Porriño, é unha empresa de caldeiraría pesada e recipientes a presión. O obxectivo destes dous retos é reducir os tempos de mecanizado das grandes pezas que fabrica para centros mineiros de todo o mundo.

As novas tecnoloxías poden axudar a CITIC Censa a mellorar o proceso de mecanizado de pezas metálicas semicilíndricas de gran tamaño, por unha banda, e de pezas planas por outro.

O prazo de presentación está aberto ata o 21 de outubro ás 18 horas e, unha vez recibidas as propostas, seleccionarase un gañador para cada reto, que poderá desenvolver un piloto da súa solución coa empresa, e ata tres finalistas. O gañador obterá unha axuda da Axencia Galega de Innovación (Gain) de 20.000 euros para a posta en marcha do proxecto piloto.

Ademais, tanto o gañador como os tres finalistas, en cada un dos retos, poderán acceder a un programa de aceleración e recibirán un patrocinio de 10.000 euros por parte de Gain. Transcorrido o tempo de aceleración, seleccionarase o mellor dos tres finalistas que recibirá unha axuda adiccional de 10.000 euros aportada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Ademais, tanto a empresa gañadora como as finalistas poderán acceder a préstamos participativos de Xesgalicia.

Podes consultar as bases completas da convocatoria aquí.

Co obxectivo de presentar os retos e resolver dúbidas, celebrarase unha xornada técnica en Santiago de Compostela o vindeiro 9 de outubro pola mañá. A información completa sobre a xornada esta dispoñible neste enlace.

Inscríbete!!

Novas

Ver todas

02 de Outubro de 2019

A segunda convocatoria da aceleradora BFAero seleccionará seis novos proxectos innovadores para seguir impulsando o sector aeronáutico

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Lugo nunha xornada sobre a segunda convocatoria da aceleradora Business Factory Aero (BFAero), que se desenvolve no marco do polo aeroespacial de Galicia.

Ler máis

01 de Outubro de 2019

A Xunta impulsa a incorporación do deseño estratéxico nas empresas como ferramenta de innovación e competitividade

A Consellería de Economía, Emprego e Industria iniciou vén de poñer en marcha o primeiro dos proxectos piloto destinados a impulsar a implantación do deseño estratéxico nas empresas galegas como ferramenta de innovación e competitividade.

Ler máis

01 de Outubro de 2019

A Xunta chama a apostar pola transformación e a innovación para abrir novos mercados internacionais no sector lácteo

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o do Medio Rural, José González, visitaron hoxe as instalacións da compañía Eurosérum Ibérica, pertencente ao conglomerado chinés Bei’An YeePer Daily Co Ltd. Conde salientou a necesidade de incentivar novos produtos e abrir novos mercados para a produción galega.

Ler máis

Eventos

Ver todos
11
Outubro
Taller Difusión Préstamos IFI INNOVA

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.