Ver a versión en liña

Segunda convocatoria da BFAero

Podes consultar as bases na páxina web da BFAero. O prazo está aberto ata o 15 de novembro.

Máis información

O 2 de outubro de 2019 na sede da Fundación CEL no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo presentouse a segunda convocatoria da BFAero, a aceleradora aeroespacial promovida pola Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative, a iniciativa que ten permitido crear en Galicia un polo tecnolóxico e industrial arredor dos vehículos non tripulados de referencia internacional.

A Aceleradora Business Factory Aero está promovida pola Xunta de Galicia, a través do Igape, Gain e Xesgalicia, polas empresas Indra e Babcock e o centro tecnolóxico de automoción CTAG, xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.

DETALLES DA CONVOCATORIA

A BFAero inclúe dous itinerarios, un de incubación e outro de aceleración, para os que se dispón de tres prazas en cada uno. O itinerario de incubación diríxese fundamentalmente a proxectos de emprendemento procedentes de universidades (spin-offs), empresas (start-ups ou spin-outs); o de aceleración diríxese a empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento e un modelo de negocio validado. O prazo de solicitude, a través da web www.bfaero.es, pecha o 15 de novembro de 2019.

O apoio incluirá financiamente, ata 100.000 euros para incubación e 50.000 euros para aceleración; así como opción a financiamento adicional a través de préstamos de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración e préstamos participativos de aata 250.000 euros en aceleración. Ademais de financiamento, BFAero ofrece acceso a infraestruturas especializadas, asesoramento individualizado con mentores profesionais do sector, asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional.

Novas

Ver todas

17 de Outubro de 2019

A Xunta destaca o talento innovador dos emprendedores galegos no Startupday de Viagalicia en Lugo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, transmitiulle esta mañá aos equipos seleccionados nesta sexta edición da aceleradora ViaGalicia en Lugo o compromiso da Xunta de Galicia co emprendemento innovador e coa captación e retención de talento en Galicia, a través da plataforma StartInGalicia, que agrupa todos os apoios da Consellería de Economía, Emprego e Industria ao emprendemento e ao crecemento empresarial.
Ler máis

16 de Outubro de 2019

A Xunta reivindica en Porto o valor do deseño galego como un distintivo de calidade e de competitividade empresarial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a Porto Design Biennale, un encontro internacional centrado no valor cultural e empresarial do deseño, que celebra este ano a súa primeira edición e no que participa Galicia.
Ler máis

11 de Outubro de 2019

A Xunta informa ás pemes dos novos instrumentos financeiros para apoiar os seus proxectos innovadores

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Igape, organizou esta mañá en Santiago de Compostela un taller sobre os préstamos IFI Innova.
Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Novembro

Innovation and Manufacturing Brokerage Event - IMB 2019

IMB 2019

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.