Quedan menos de dúas semanas para que comece o Innovation & Manufacturing Brokerage Event (IMBGalicia2019), o evento europeo que estamos organizando dende a Axencia Galega de Innovación, en colaboración co Norte de Portugal, sobre innovación e fabricación intelixente. Se queres coñecer os instrumentos de apoio a nivel europeo á Fábrica Intelixente e identificar proxectos de I+D+i en cooperación con outros socios, esta é a túa cita.
Nel contaremos coa presenza de representantes da Comisión Europea, das DG for Research and Innovation, DG CONNECT e DG REGIO, do European Innovation Council e de CDTI, que explicarán as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece H2020 en innovación e fabricación avanzada. Explicaranse convocatorias para financiar proxectos de I+D+i por importe superior a 200 millóns de euros nestes ámbitos.
Ademais, daranse cita representantes clave da industria galega como Televés e o Clúster da Automoción, de centros de coñecemento, investigadores e outros axentes como a rede Eureka ou a Vanguard Initiative, constituíndo unha plataforma única para o intercambio de coñecemento e o impulso de novos proxectos a escala europea.
COMO PARTICIPAR?
Se formas parte do sistema galego de I+D+i e tes interese no futuro da industria, podes participar neste brokerage dalgún dos seguintes xeitos:
REUNIÓNS B2B
Podes xestionar as túas reunións con posibles partners.
PRESENTA A TÚA ENTIDADE
Ofrécese a posibilidade de presentar a túa entidade ante o resto dos asistentes
CONVOCATORIAS H2020
Presentaranse as últimas convocatorias en fabricación avanzada
EXPLORA AS POSIBILIDADES PARA O TEU PROXECTO
Descobre as claves dunha proposta exitosa e forma o teu consorcio.
Aínda estás a tempo de participar neste evento clave en fabricación avanzada e innovación!
GANADORES.GAL: Así se fabrican os milagres que necesitan as mascotas
Se existen próteses para os humanos, por que non axudar aos animais cando perden unha extremidade ou nacen sen ela? Os fundadores de Beta Implants déronse conta de que aí había un nicho de mercado. Botou a andar hai só seis anos e hoxe a empresa galega é xa a líder española de implantes a medida para servizos veterinarios coa súa aposta pola I+D e a fabricación propia.
O grupo Televés avanza na implantación da fábrica intelixente para optimizar os seus procesos e lograr produtos máis personalizados
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a planta da empresa Gallega de Mecanizados Electrónicos (Gamelsa) no Polígono Industrial do Tambre para coñecer de primeira man o proxecto CLAUDIIA (Collaborative Layer for Automation and Development of Industrial Innovative Approache), que a empresa está a desenvolver en colaboración co Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
A Xunta destaca en Pontevedra a aposta de Krack Zapaterías por asentar o seu crecemento na innovación e na dixitalización
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Pontevedra a sede de Krack Zapaterías, unha compañía que en pouco máis de dúas décadas de traxectoria alcanzou un volume de facturación de arredor de 20 millóns de euros e que emprega a 200 persoas.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.