Ver a versión en liña

Aberta a inscrición no workshop sobre novos materiais para packaging sustentable

A xornada, que terá lugar o 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol), forma parte do conxunto de accións contempladas no Programa de Deseño para a Innovación 2020.

Máis información

O desenvolvemento de novos materiais está a abrir alternativas para o envasado sustentable de alimentos, contribuíndo así á redución da súa pegada ambiental. Co obxectivo de facilitar a súa transferencia á industria a través do traballo dos profesionais do deseño, a Axencia Galega de Innovación organiza o workshop “Novos materiais para packaging sustentable”.

DESTINATARIOS

Os destinatarios do encontro son profesionais do deseño, persoal investigador do campo dos novos materiais, estudantes de deseño e empresas.

SESIÓN DE PRESENTACIÓN

A xornada comezará coa presentación dos servizos que se prestan a través da Materioteca de Galicia. Posteriormente, serán expostos os novos retos e tendencias de innovación no envasado de alimentos, ámbito sobre o que tamén se presentarán as últimas solucións sustentables. Os retos do sector do comercio, a normativa internacional sobre sustentabilidade no envasado e as posibilidades que ofrecen os novos materiais creados en Galicia para o packaging completan a sesión expositiva.

Esta primeira parte do workshop, que non ten límite de asistencia, contará con relatores da Xunta de Galicia, do centro tecnolóxico ANFACO-CECOPESCA e das empresas Sigillum, Ecoplas e Papelera de Brandia.

TALLER DE EXPERIMENTACIÓN

O workshop completarase cun taller limitado á participación de 50 persoas para garantir o seu carácter práctico. Nel presentaranse materiais innovadores para packaging sustentable e traballarase en grupo para xerar novas ideas e resolver retos. Será impartido por Material ConneXion Bilbao, o maior centro internacional especializado en materiais innovadores e procesos de transformación.

REUNIÓNS BILATERAIS
En paralelo ao taller, os asistentes poderán participar previa solicitude en reunións bilaterais co fin de facilitar a transferencia e buscar posibles sinerxías ou colaboracións entre empresas, profesionais do deseño e grupos de investigación.

Novas

Ver todas

30 de Outubro de 2019

A Xunta destaca o compromiso de Gradiant coa investigación e a innovación responsable

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na inauguración do Open Demoday da Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), unha xornada de portas abertas centrada nas tecnoloxías da conectividade, intelixencia e seguridade e a súa aplicación á contorna industrial
Ler máis

29 de Outubro de 2019

A Xunta destaca que a unidade mixta gas renovable permitirá a Galicia aumentar as súas fontes enerxéticas limpas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá na Coruña á presentación de resultados da Unidade Mixta Gas Renovable, nunha xornada organizada por Naturgy, EnergyLab e a Edar de Bens, onde destacou que o traballo realizado permitirá a Galicia aumentar a porcentaxe de enerxía procedente de fontes renovables limpas e, por tanto, cun menor impacto ambiental.
Ler máis

28 de Outubro de 2019

A Xunta promove o uso dos incentivos fiscais á I+D+i como un mecanismo para impulsar o financiamento da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha xornada co obxectivo de informar sobre os incentivos fiscais estatais e autonómicos á I+D+i e aumentar e o seu aproveitamento.
Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Novembro
Innovation and Manufacturing Brokerage Event (IMB 2019)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.