Ver a versión en liña

Galicia BioDay: vén celebrar con nós que Galicia é o mellor camiño en Biotecnoloxía

Cando? 11 de decembro de 2019
Hora: de 11:00h a 14:30h​
Onde? AC Palacio del Carmen, Santiago de Compostela

Inscríbete

Aproveitando as grandes capacidades identificadas en canto á xeración de coñecemento, emprendemento, capacidade de internacionalización e o efecto modernizador sobre os sectores chave da economía rexional, desde a Xunta de Galicia decidimos apostar firmemente polo sector da biotecnoloxía a través da elaboración da “Estratexia de impulso á Biotecnoloxía 2016-2020” cun triple obxectivo de crear máis empresas, máis potentes e cun emprego máis especializado.

A través desta xornada, queremos facer balance e visibilizar o avance sectorial logrado a través da execución da estratexia, repasando da man dos seus protagonistas os principais instrumentos postos en marcha e fitos alcanzados, grazas aos cales, Galicia é xa un actor xerador de valor recoñecido a nivel nacional e internacional en biotecnoloxía.

O clúster Bioga, que colaborou coa Xunta na execución e definición desta Estratexia, entrega neste acto os seus premios.

PROGRAMA
Bloque 1. Balance de execución da “Estratexia de impulso á Biotecnoloxía 2016-2020”
Descubre casos de éxito de cada un dos eixos estratéxicos
  • Eixo 1. Investigación e transferencia de tecnoloxía á empresa. Fitos e accións relevantes
  • Eixo 2. Consolidación empresarial
  • Eixo 3. Atracción de empresas tractoras
Interveñen:
Bloque 2: Premios Bioga 2019
Estes premios xa na súa VII edición, convócanse cos obxectivos:
  • Recoñecer a labor das empresas pioneiras no sector das Ciencias da Vida.
  • Valorar e promover o talento dos emprendedores.

O premio consta de tres modalidades:
  • Modalidade I: Premio á empresa biotech máis competitiva
  • Modalidade II: Premio á mellor idea de empresa biotech
  • Modalidade III: Premio á empresa biotech máis innovadora


Se queres asistir a este evento, podes inscribirte cubrindo o formulario de inscrición.

Consulta o programa!

Formulario de inscrición

Novas

Ver todas

28 de Novembro de 2019

Ganadores.gal: A parella de top models que triunfan na pasarela mundial do albariño

Cansos de que parte da súa produción non atopara comprador, un grupo de viticultores do Salnés lanzou hai case década e media unha cooperativa propia coa firme disposición a ser diferentes. A súa principal marca, Paco&Lola, é hoxe un dos brancos máis coñecidos das Rías Baixas grazas á calidade da materia prima e un deseño rompedor que lle valeu o título do albariño “máis elegante do mundo”.
Ler máis

27 de Novembro de 2019

A Xunta oferta dous cursos de capacitación de persoal investigador e xestor en transferencia de coñecemento

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), en colaboración coa Fundación Barrié, organiza dous cursos de capacitación en transferencia de coñecemento, un dirixido a persoal investigador e outro a persoal xestor de transferencia.
Ler máis

26 de Novembro de 2019

A Xunta expón a súa experiencia en compra pública de innovación no II Foro Iberoamericano de CPI en Colombia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe na inauguración da segunda edición do Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación (CPI) e Innovación Aberta que se celebra en Medellín (Colombia) ata o xoves 28 de novembro.
Ler máis

Eventos

Ver todos
02
Decembro
Capacitación para Investigadores

09
Decembro
Programa de Acreditación RTTP 2019 – 2021 para Xestores de Transferencia (1º curso)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.