Ver a versión en liña

Inauguración do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR)

O mércores 18 de decembro terá lugar en Rozas o acto oficial de inauguración do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), un centro mixto da Xunta de Galicia e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), referente a nivel europeo para a realización de ensaios certificados con vehículos non tripulados. Este centro forma parte do programa de infraestruturas do Polo Aeroespacial de Galicia.

Un centro único en Europa

Xunto ao seu emprazamento privilexiado que permite a realización de ensaios con avións non tripulados e á torre de control -núcleo operativo do CIAR-, a instrumentación que vén de instalarse no centro ofrece un servizo integral e innovador para certificación, calificación e probas de avións non tripulados, circunstancias que o converten nun centro único en Europa.

Cómpre sinalar que esta infraestrutura foi deseñada e licitada a través de Compra Pública de Innovación.

Entre os elementos da torre de control atópase un sistema de seguimento automático e flexible, un software de control, unha base de tempos, unha antena omnidireccional e unha antena de seguimento automático.

Seguridade

Sistema de seguridade

Garante unha explotación da infraestrutura segura e de elevada eficiencia.

Comunicacions

Sistema de comunicacións

Asegura as comunicacións sala de control-plataforma de operacións-seguridade, operativa-control técnico dos equipos de instrumentación.


Reuniones

Servizo meteorolóxico in situ

Crucial para a planificación dos voos.

Exposicion

Simulador U-Space

Actualmente en licitación, completará a infraestrutura para a experimentación nun entorno real coas últimas capacidades de simulación.


Tes a invitación dispoñible no seguinte enlace. Se queres asistir a esta inauguración, envía un correo electrónico a infociar@inta.es antes do día 16 de decembro.

Polo Aeroespacial de Galicia
O CIAR forma parte do programa de infraestruturas da Civil UAVs Initiative, a iniciativa da Xunta de Galicia para desenvolver un Polo tecnolóxico e industrial arredor dos vehículos non tripulados en Galicia. Neste programa inclúese a adecuación do Aeródromo de Rozas e a construción das infraestruturas e adquisición de equipamento para o CIAR, así como a construción do Parque Industrial e Empresarial de Rozas que permita desenvolver tecido empresarial dentro do propio aeródromo. Tamén se prevé un Centro de Emprendemento en Lugo, dedicado integramente ao sector aeroespacial.

Novas

Ver todas

04 de Decembro de 2019

A Xunta sinala que as Unidades Mixtas de Investigación contribuirán á transformación dixital de Navantia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Ferrol, durante a xornada de difusión das Unidades Mixtas de Investigación (UMIs) de Navantia, que a innovación aplicada tanto a procesos como a produtos fará que a industria naval galega estea á vangarda e se converta nun referente a nivel internacional.
Ler máis

29 de Novembro de 2019

Conde defende en Ourense o papel do deseño como catalizador social, económico, cultural e tecnolóxico

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na entrega dos IV Premios Paraugas e do IV Premio Executivas de Galicia, que o deseño non é só un valor industrial e empresarial, senón que tamén é un catalizador social, económico, cultural e tecnolóxico, destacando que os galardóns que se entregaron hoxe son un encontro idóneo para celebrar os grandes logros do deseño, a comunicación e a creatividade en Galicia.
Ler máis

Eventos

Ver todos
11
Decembro
Galicia BioDay

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.