Ver a versión en liña

Mapa de apoios á innovación 2020

A Axencia Galega de Innovación vén de actualizar o mapa de apoios á innovación para este ano 2020.

Descarga o mapa!

Os instrumentos de apoio á innovacion planificadas para o 2020 focalízanse en:

  • Captación e retención de talento
  • Innovación empresarial
  • Emprendemento e aceleración de startups

Coa actualización deste mapa, a Axencia Galega de Innovación segue a apoiar aos distintos axentes que forman parte do sistema galego de innovación.

Dende a Axencia Galega de Innovación estamos á túa disposición para informar sobre os instrumentos e apoios que mellor se adapten aos teus proxectos de innovación. O noso equipo prestarache un asesoramento personalizado para deseñar, en conxunto, un itinerario de apoios potenciais. Podes contactar con nós a través do correo servizos.gain@xunta.gal.
OUTROS MAPAS DE APOIO PARA O 2020

Se estás interesado en consultar o resto de mapas de apoio para o 2020 que publicou a Consellería de Economía, Emprego e Industria, os tes dispoñibles no seguinte enlace.

Novas

Ver todas

14 de Xaneiro de 2020

Galicia e País Vasco avanzan en liñas de colaboración para impulsar a innovación e a formación na industria da automoción

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta maña en Vigo, xunto co viceconselleiro de Industria do Goberno vasco, Javier Zarraonandia, e a teniente deputada xeral de Álava e deputada foral de desenvolvemento económico e equilibrio territorial, Mª Pilar García de Salazar, ao encontro de traballo Desenvolvemento e fortalecemento do sector do automóbil, organizado por Ceaga para seguir impulsando a transformación dixital no sector da automoción e avanzar no coche autónomo, conectado e eléctrico.
Ler máis

Eventos

Ver todos
24
Xaneiro
Xornada Consulta Preliminar ao Mercado: Entorno simulación U-SPACE para o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.