Ver a versión en liña

Xornada de presentación dos Hubs galegos de Innovación Dixital

Se es unha peme e estás interesada en coñecer as oportunidades que che ofrecen os Hubs para integrarte na era dixital, non podes perderte esta xornada!.

INSCRÍBETE!

3 de cada 5 pequenas e medianas empresas corren o risco de non sobrevivir se non realizan o proceso de transformación dixital. En Galicia, o tamaño do reto se mide cun so dato: o 99% do tecido empresarial son pemes.

Os Hubs de Innovación Dixial promovidos pola Xunta ofrecen ás pemes galegas o canle máis rápido e eficiente para abordar con éxito a súa dixitalización.

O resultado serán empresas máis modernas, concectadas e máis competitivas.

Por isto, invitámoste a este evento organizado pola Axencia Galega de Innovación, o próximo día 28 de febreiro. Nel que contaremos cun representante da Comisión Europea, da DG CNECT, e outro do Ministerio de Industria para explicar as posibilidades que se abren para as pemes a través dos Hubs.

28 de febreiro de 2020
Santiago de Compostela (pendente sede do evento)
Hora de comezo: 9:15h

Anótate!

Novas

Ver todas

13 de Febreiro de 2020

GANADORES.GAL: Hackers da ciencia para descifrar o ADN

A explicación xenética é para moitos enfermos a única esperanza de coñecer a súa doenza e tratarse. Máis de 20.000 cada ano, sobre todo con tumores hereditarios ou por mutacións, reciben un diagnóstico da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. É un organismo pioneiro na investigación dos segredos do ADN humano e modelo para outras comunidades autónomas, co foco posto na medicina personalizada do futuro.
Ler máis

12 de Febreiro de 2020

A Xunta destaca o papel da biotecnoloxía na competitividade e modernización do tecido industrial galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro coa investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María José Alonso, referente mundial no eido da nanotecnoloxía farmacéutica.
Ler máis

10 de Febreiro de 2020

Preto de 50 empresas amosan interese en participar no proxecto para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión de tráfico aéreo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, presidiu hoxe a xornada técnica de presentación das instalacións e equipamentos do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) ás preto de 50 empresas que amosaron interese na consulta preliminar ao mercado promovida pola Xunta de Galicia e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) que ten por obxecto dotar dun simulador de xestión de tráfico aéreo U-Space ao Polo Aeroespacial de Galicia.
Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Febreiro

Xornada sobre oportunidades para investigadores e empresas a través das accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA)

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.