Ver a versión en liña

Axudas abertas para organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos

Neste mes de febreiro, Gain convocou varias axudas destinadas a organismos públicos de investigación e centros tecnolóxicos!!.

Convocatoria Período Apoios Beneficiarios
Axudas de apoio á etapa predoutoral 07/02-06/03

Contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores/as.

Organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC e do IEO en Galicia. Universidades do SUG
Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento 18/02-17/03

Consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i.

Organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC e do IEO en Galicia. Universidades do SUG
Fortalecemento de centros de xeración de coñecemento 19/02-18/03

Ata o 50% para a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade e de carácter aberto e compartido.

Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no rexistro estatal de centros (R.D. 2093/2008 de 19 de decembro).

Lembra que seguen abertas tamén as seguintes liñas de apoio de Gain:

  • Principia: Contratación de tecnólogos de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i.
  • Talento Sénior: Contración de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i.
  • Innova Peme: Mellora da capacidade innovadora de Pemes e micropemes.
  • Unidades Mixtas de Investigación: Creación e consolidación de unidades mixtas de investigación a través da cooperación entre organismos de investigación e empresas.

Máis información: sección de axudas da a web de Gain.

Descarga aquí o mapa de apoios á Innovación 2020!

Mapa de apoios

Novas

Ver todas

26 de Febreiro de 2020

A Xunta informa en Vilalba dos apoios que ten a disposición dos empresarios para impulsar a competitividade da comarca da Terra Chá

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde en Vilalba nun encontro con empresarios e emprendedores da comarca da Terra Chá no que se informou dos diferentes programas de apoio que están nestes momentos abertos á presentación de solicitudes, en eidos como o financiamento, o impulso á contratación ou a internacionalización.
Ler máis

26 de Febreiro de 2020

O Congreso Internacional Unvex contribuirá a visibilizar as posibilidades que o Polo Aeroespacial de Galicia ofrece ao sector en España

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación de Unvex 2020 que este encontro de referencia do sector dos vehículos non tripulados, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 16 e o 18 de xuño, contribuirá a visibilizar as posibilidades que o Polo Aeroespacial de Galicia ofrece a esta industria en España.
Ler máis

Eventos

Ver todas
06
Marzo

Presentación da nova convocatoria de CDTI: Misións de Ciencia e Innovación

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.