Ver a versión en liña

Próxima convocatoria de premios da Axencia Galega de Innovación

A Axencia Galega de Innovación publicará proximamente as bases da convocatoria da primeira edición dos Premios Galegos de Innovación e Deseño e a segunda edición dos premios aos Empregados/as Públicos/as Innovadores/as.

Primeira edición dos Premios Galegos de Innovación e Deseño

Coa posta en marcha destes premios, a Xunta de Galicia recoñecerá a aqueles profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial.

Por outra banda, distinguirase aos profesionais e compañías que contribúen significativamente á mellora do prestixio do deseño galego e as empresas que ao incorporalo á súa estratexia empresarial demostran que o deseño actúa como motor de innovación e competitividade.

Categorías e premios:
Premios de innovación Premios de deseño
a) Traxectoria Innnovadora: 15.000€
b) Gran Empresa: carácter honorífico
c) Pequena e mediana empresa: 15.000€
a) Profesionais: 15.000€
b) Empresas: carácter honorífico
c) Mozos/as deseñadores/as: 15.000€

Prazo de presentación de candidaturas:
Dous meses contados a partir do día seguinte á dúa publicación no DOG.
Segunda edición do premio aos Empregados/as Públicos/as Innovadores/as

Logo do éxito da primeira edición, publicarase proximamente a segunda edición destes premios con novidades para este ano: redúcense a dúas as categorías, os premios terán unha dotación económica e recoñecemento na cerreira profesional e o prazo de presentación será dun mes.

Categorías:
- Identificación de oportunidades
- Proxecto coa temática máis innovadora.

Premios:
- Candidaturas individuais: 2.000€ para o/a gañador/a
- Canditaturas grupais (ata 3 membros por equipo): 3.000€ para os/as gañadores/as.
- A concesión destes premios incluirase entre os criterios de avaliación para o seu recoñecemento na carreira profesional.

Prazo de presentación de candidaturas:
Un mes contado a partir do día seguinte á dúa publicación no DOG.

Novas

Ver todas

11 de Marzo de 2020

A Xunta chama en Arzúa a fomentar no rural galego o emprendemento feminino desde a innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Arzúa na xornada Mulleres Innovadoras no Rural, un encontro no que informou das axudas do seu departamento ao emprendemento feminino, e no que puxo do manifesto o protagonismo adquirido polas mulleres no liderado de proxectos innovadores no rural.
Ler máis

10 de Marzo de 2020

A Xunta destaca a aposta de Ecoplas pola innovación para diversificar a súa produción e chegar a novos mercados

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá na Pobra do Caramiñal a empresa Ecoplas Barbanza, onde destacou a aposta desta compañía pola innovación para diversificar e optimizar a súa produción e chegar a novos mercados.

Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.gal dende a conta na que desexe anular a suscrición.